A lingua baure é unha lingua da familia arauaca falada por arredor de 20 persoas (datos de 2010) do pobo baure, o cal vive no departamento del Beni de Bolivia. Algunhas partes da Biblia foron traducidas á lingua baure. A maioría dos falantes do pobo baure cambiaron de lingua ao castelán. O baure está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Dende a aprobación do Decreto Supremo N.25894 de 2000, é considerada unha das linguas indíxenas oficiais de Bolivia, e foi incluída na Constitución de Bolivia aprobada o 7 de febreiro de 2009.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Linguas arauacas Bibliografía
Da Silva Facundes, Sidney. The Language of the Apurinã People of Brazil (Maipure/Arawak). Ph.D. dissertation, SUNY Buffalo.
Categoría:Linguas arauacas Categoría:Linguas de Bolivia