Luciano del Río Besada, nado en Pontevedra e finado na mesma cidade en maio de 1989, foi un mestre, escritor e xornalista galego.
Traxectoria Fillo de Luciano del Río Fernández. Foi nomeado mestre interino de Taborda (Tomiño) en febreiro de 1924,El Diario de Pontevedra, 22-2-1924, p. 2. en marzo do Rañadoiro,El Noticiero Gallego, 11-3-1924, p. 3. e en novembro de 1926 de Losón (Lalín).El Noticiero Gallego, 11-11-1926, p. 2. Aprobou as oposicións en 1927 e en xullo foi destinado a Fufín (Monterroso),El Diario de Pontevedra, 11-7-1927, p. 2. para despois ocupar a praza de mestre en Paredes (Vilaboa) dende 1930.El Pueblo Gallego, 30-7-1930, p. 2. Na República militou no Partido Radical Socialista e despois no Partido Galeguista. Foi membro do Comité de Cooperación Intelectual que trouxo a Federico García Lorca a Pontevedra.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido a finais de agosto,El Pueblo Gallego, 1-9-1936, p. 10. e foi reposto en novembro.El Progreso, 15-11-1936, p. 2.El Diario de Pontevedra, 5-12-1936, p. 2. Foi novamente suspendido de emprego e soldo ata a resolución do seu expediente de depuración en setembro de 1938.El Ideal Gallego, 23-9-1938, p. 5. Como resultado da depuración foi sancionado coa suspensión de emprego e soldo, traslado fóra de Galicia e inhabilitación en maio de 1940.El Noticiero Gallego, 11-5-940, p. 2. Foi sancionado co trasladado á provincia de Burgos en xullo de 1940.El pueblo Gallego, 9-7-1940, p. 2. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas, que foi sobresido en 1943.BOE, 19-9-1943, p. 3314-3315.
Instalou unha academia privada en Pontevedra (autorizada en novembro de 1940)El Pueblo Gallego, 30-11-1940, p. 6. que despois se transformou no colegio Lyceum de Pontevedra.La Voz de Galicia, Pontevedra, 8-9-1983, p. 24. Integrouse no comité local da Unión de Intelectuales Libres. Crítico de arte, dirixiu a Colección Huguin e colaborou na prensa local de Pontevedra, La Noche e Faro de Vigo. Dirixiu a última etapa do periódico Litoral. Pertenceu á comisión xestora e foi membro da primeira directiva do Ateneo de Pontevedra. Colaborou no Pedrón de Ouro e foi membro correspondente da Real Academia Galega. Finou en Pontevedra en maio de 1989.La Voz de Galicia, Pontevedra, 17-5-1989, p. 30.
Premios Premio de ensaio no II Certame Literario de Nova York, 1962.El Pueblo Gallego, 24.10-1962, p. 2. Premio Miguel de Unamuno da Universidade de Salamanca, 1965.La Noche, 7-10-1965, p. 8. Premio Cidade de Pontevedra de xornalismo 1976 polo seu labor literaria, 1977.El Pueblo Gallego, 18-1-1977, p. 15. Premio de xornalismo Julio Camba en 1981.La Voz de Galicia, 9-1-1981, p. 36.
Vida persoal
Casou en Pontevedra con Lia del Carmen Osorio Rodríguez, funcionaria de Aduanas, en 1955.El Ideal Gallego, 3-7-1955, p. 7.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Luciano del Río, maestro ejemplar
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Nados en Pontevedra
Categoría:Finados en 1989 Categoría:Nados en ano descoñecido