O capitán de Castela (en ) é un filme estadounidense de 1947 dirixido por Henry King. Foi lanzado por 20th Century-Fox e está protagonizada por Tyrone Power, Jean Peters e Cesar Romero. Rodado en Michoacán, México, o filme inclúe escenas do volcán Parícutin, que nese momento estaba en erupción. O capitán de Castela foi o debut cinematográfico de Jean Peters, que máis tarde casou co industrial Howard Hughes, e tamén do actor mohawk Jay Silverheels, que despois interpretaría a Tonto na serie de televisión The Lone Ranger.
Estreouse en galego o 4 de outubro de 2000 na TVG.La Voz de Galicia, 4 de outubro de de 2000. Páx. 78
Personaxes
Tyrone Power como Pedro de Vargas Jean Peters como Catana Pérez Cesar Romero como Hernán Cortés Lee J. Cobb como Juan García John Sutton como Diego de Silva Antonio Moreno como Don Francisco de Vargas Thomas Gomez como Padre Bartolomé de Olmedo Alan Mowbray como Profesor Botello Barbara Lawrence como Luisa de Carvajal George Zucco como Marquis de Carvajal Roy Roberts como Capitán Pedro de Alvarado Marc Lawrence como Corio Robert Shaw como oficial do exército español (sen acreditar) Jay Silverheels como Coatl (sen acreditar) Stella Inda como Malinche (sen acreditar)
Notas
Categoría:Filmes de 1947 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Henry King Categoría:Filmes de 20th Century Fox Categoría:Filmes rodados en México Categoría:Filmes ambientados en Mesoamérica Categoría:Filmes de 1947 con versión en galego