Sir Arthur Stanley Eddington, nado o 28 de decembro de 1882 e finado o 22 de novembro de 1944 foi un científico inglés da primeira metade do século XX. Foi astrónomo, físico e matemático.

Traxectoria Eddington fixo o seu maior traballo en astrofísica, sendo catedrático da Universidade de Cambridge, substituíndo a George Darwin, un dos fillos de Charles Darwin, polo seu pasamento. Tamén foi un filósofo da ciencia e un divulgador científico. O límite de Eddington leva o seu nome: é o límite natural da luminosidade das estrelas, ou a radiación xerada pola acreción sobre un obxecto compacto (que é o que provoca a luminosidade).

Relatividade xeral miniatura|Negativo da eclipse solar de 1919 tomado do informe de Sir Arthur Eddington sobre a expedición para verificar a predición de Einstein sobre a curvatura da luz arredor do sol. Subtítulo orixinal: "Na lámina 1 dáse unha reprodución en medios tons dun dos negativos tomados coa lente de 4 polgadas en Sobral . Isto mostra a posición dos astros e, na medida do posible nunha reprodución deste tipo, o carácter das imaxes, xa que non houbo retoques. Realizáronse unha serie de impresións fotográficas e as solicitudes destas por parte dos astrónomos, que queiran asegurarse da calidade das fotografías, consideraranse na medida do posible".|esquerda Eddington tamén escribiu unha serie de artigos que explicaban a teoría da relatividade xeral de Einstein para o mundo de fala inglesa.

Sendo cuáquero e pacifista, alén de estar moi interesado nas ideas científicas de Einstein, estaba moi en sintonía con el polas súas ideas sociais.

A Primeira guerra mundial rompeu moitas liñas de comunicación científica e os novos desenvolvementos da ciencia alemá non eran moi coñecidos en Inglaterra.

Ao redor de 1920, anticipou o descubrimento e o mecanismo da fusión nuclear nas estrelas no seu artigo "The Internal Constitution of the Stars" (A constitución interna das estrelas). Nese momento, a fonte da enerxía estelar era un completo misterio; Eddington foi o primeiro en especular correctamente que a fonte era a fusión de hidróxeno en helio.

Tamén realizou unha expedición para observar a eclipse solar do 29 de maio de 1919, ao mesmo tempo que William Wallace Campbell (pero de xeito independente) que tentara a confirmación experimental desde 1911. Iso deu unha das primeiras confirmacións da relatividade xeral.

As súas observacións mostraron que a luz das estrelas que pasaban preto do Sol estaba lixeiramente inclinada cara ao astro. Isto foi previsto pola teoría xeral da relatividade.

Posteriormente, fíxose coñecido polas súas exposicións populares e interpretacións da teoría.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Erwin Finlay-Freundlich

Categoría:Físicos de Inglaterra Categoría:Matemáticos de Inglaterra Categoría:Finados en 1944 Categoría:Nados en 1882