A lingua laurentiana é unha lingua morta que pertence á familia iroquesa e que foi falada outrora polo pobo laurentiano. Falouse até finais do século XVI ao longo das beiras do río San Lourenzo nos actuais Quebec e Ontario, no Canadá. Crese que desapareceu coa extinción do pobo iroqués de San Lourenzo, probablemente como resultado da guerra cos mohawk, a nación máis poderosa dos Haudenosaunee ou da Confederación Iroquesa ao sur, na actualidade o estado de Nova York nos Estados Unidos.
Vocabulario En 1545 Jacques Cartier publicou un diario das súas viaxes, incluíndo a primeira lista de palabras laurentianas. A continuación amósanse algúns exemplos (números e partes do corpo humano), escritos por Cartier:
Galego Laurentiano un dous tres catro cinco cabeza ollos orellas boca dente lingua vila
Unha segunda lista de vocabulario máis curta foi anexa ao seu diario da súa primeira viaxe, que foi publicado moito máis tarde, primeiro en italiano e máis tarde en inglés e francés.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Jacques Cartier. (1545). Relation originale de Jacques Cartier. París: Tross (1863 edition). (Vocabulary list on pages 46 to 48) Floyd G. Lounsbury. (1978). "Iroquoian Languages," Handbook of North American Indians. Volume 15. Pages 334-343. Juan Francisco Maura. (2009). "Nuevas aportaciones al estudio de la toponimia ibérica en la América Septentrional en el siglo XVI". Bulletin of Spanish Studies 86. 5 (2009): 577-603. Marianne Mithun. (1979). "Iroquoian," in Lyle Campbell and Marianne Mithun, The Languages of Native America. Austin: University of Texas Press. Pages 140-141. ("Laurentian") Marianne Mithun. (1981). The Mystery of the Vanished Laurentians, in Papers from the 5th International Congress on Historical Linguistics (Anders Ahlquist, ed.). Amsterdam: John Benjamins. Pages 230-242. Marianne Mithun. (1999). The languages of Native North America. Cambridge: Cambridge University Press. (hbk); . James F. Pendergast. (1998). "The Confusing Identities Attributed to Stadacona and Hochelaga", Journal of Canadian Studies. Volume 32. Pages 149-167. Bruce G. Trigger e James F. Pendergast. (1978). "Saint Lawrence Iroquoians", Handbook of North American Indians. Volume 15. Pages 357-361. Bruce G. Trigger. (1976). The Children of Aataentsic: a History of the Huron People to 1660. Montreal: McGill-Queen's Press. pp. 214–228. ("The Disappearance of the St. Lawrence Iroquoians")
Categoría:Linguas iroquesas Categoría:Linguas amerindias do Canadá Categoría:Linguas mortas de América do Norte