Ricardo Cid Martínez, nado en Ourense e finado en Vigo en maio de 1971, foi un xornalista e profesor galego.
Traxectoria
Foi director administrativo de La Región e a partir de agosto de 1917 de O Tio Marcos d'a Portela; fundou e dirixiu a revista Tierra Gallega. Foi profesor axudante da Escola Normal de Ourense e profesor do Instituto de Ourense. Dirixiu unha fábrica de licores. Vicecónsul de Francia en Ourense, foi condecorado coa Orde Nacional da Lexión de Honra.La Región, 5-11-1969, p. 6. Trasladouse a Vigo onde foi inspector de facenda do Concello de Vigo. Finou en Vigo en maio de 1971.El Pueblo Gallego, 25-5-1971, p. 2.
Vida persoal
Casou o 10 de outubro de 1906 con Elisa Ginzo Soto, irmá de Marcial Ginzo Soto, e foi pai de María, Dolores e Justa Elisa Cid Ginzo.María Cid Ginzo Notas
Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Nados en Ourense Categoría:Finados en 1971