Csak a szél é un filme húngaro de 2012 dirixido por Benedek Fliegauf. O filme gañou o Gran Premio do Xurado na 62ª edición do Festival Internacional de Cinema de Berlín. Foi escollido como candidato de Hungría para o Óscar ó mellor filme internacional na 85ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Baséase en feitos, nunha serie de asasinatos cometidos por neonazis en Hungría en 2008 e 2009. Porén, a trama é ficticia e céntrase nunha familia romaní que vive preto. Está protagonizado por un elenco afeccionado de actores xitanos.
Personaxes Lajos Sárkány como Rio Katalin Toldi como Mari Gyöngyi Lendvai como Anna György Toldi
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Hungría propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 85ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2012 Categoría:Filmes en lingua húngara Categoría:Filmes de Hungría Categoría:Filmes baseados en feitos reais