Durante a tempada 1918/19 o Deportivo da Coruña competiu no Campionato de Galicia, rematando na terceira posición.

Resumo Despois de catro anos sen competir e sen contar con xogadores no equipo, a mediados de agosto de 1918 o club chegou a un acordo coa directiva do Deportivo Auténtico para que esta escisión se unise de novo ao Deportivo, conservando como nome o do club orixinal. A unión logrouse en boa parte grazas a Virgilio Rodríguez, que pouco despois converteuse no novo presidente do club unificado. Como novo capitán do equipo nomeouse a Francisco Macho.

O equipo estreou esta nova etapa cun amigable ante o Sporting Club de Pontevedra e en febreiro de 1919 iniciou a disputa do Campionato de Galicia. Venceu tanto na ida como na volta ao seu máximo rival, o Real Club Coruña, e conseguiu derrotar ao vixente campión galego, o Fortuna de Vigo, pero só puido ser terceiro, por detrás do Fortuna e do novo campión, o Real Vigo Sporting.

Persoal

Xogadores PosNacNomeC. GaliciaApsGolesPORSardinero4+1En riscado, os datos do partido anulado contra o Pontevedra Athletic0DEFAngelito4+11DEFLuis Macho2+10DEFAbelardo1+10DEFAncos10MEDFrancisco Macho4+10MEDLalo3+10MEDPisos3+10MEDManuel Álvarez24DIABarreiro5+12+1DIAMella4+12DIACotelo2+10DIABesala1+10DIAJuanito Álvarez10DIARodríguez10

Clasificación

EquipoNotas1.Vigo Sporting8521148 +612Clasificación para a Copa de España 19192.Fortuna de Vigo8512179 +8113.Deportivo da Coruña8503916−7104.R.C. Coruña83141219−775.Pontevedra Athletic6024826−180Descualificado

Partidos

Pretempada e amigables

Campionato de Galicia

Notas

1919 Categoría:Fútbol en 1918 Categoría:Fútbol en 1919