Édes Emma, drága Böbe é un filme húngaro de 1992 dirixido e escrito por István Szabó. Estreouse na 42ª edición do Festival Internacional de Cinema de Berlín onde gañou o Oso de Prata ao Gran Premio do Xurado. Foi escollido como candidato de Hungría para o Óscar ó mellor filme internacional na 65ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences
Sinopse Despois de que a lingua rusa fose eliminada das materias obrigatorias das escolas húngaras, as dúas profesoras rusas, Emma e Böbe quedan sen traballo. Para remedialo, Emma e Böbe están aprendendo inglés polas noites. Emma tamén vende xornais e ten unha aventura co director da escola casado. Böbe coñece estranxeiros e negocia con moedas estranxeiras. Finalmente Böbe será arrestada e salta pola fiestra do aloxamento dos profesores.
Personaxes
Johanna ter Steege como Emma Enikö Börcsök como Böbe Péter Andorai como Stefanics - Director Éva Kerekes como Szundi Ildikó Bánsági como Emma (voz) Irma Patkós como Hermina Erzsi Pásztor como Rózsa Hédi Temessy como Mária Irén Bódis como nai de Emma Erzsi Gaál como tendeiro Zoltán Mucsi como Szilárd Tamás Jordán como Szaglár Capt. Gábor Máté como oficial
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Hungría propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 65ª edición dos Óscar Bibliografía
Categoría:Filmes de 1992 Categoría:Filmes en lingua húngara Categoría:Filmes de Hungría Categoría:Filmes dirixidos por István Szabó