Jesús Carracedo Fernández, nado en Lugo, foi un profesor e xornalista galego.

Traxectoria Fillo de Catalina Fernández Rodríguez e José María Carracedo Vilanova, que fora director do Orfeón Gallego, finado en 1911.El Norte de Galicia, 20-11-1911, p. 3. Estudou o bacharelato no Instituto de Lugo e foi premio extraordinario de Bacharelato no curso 1910-11.Un centro de formación de líderes Estudou medicina na Universidade de Valladolid.

Colaborou en El Regional e Diario de Galicia co pseudónimo Teófilo Gay. Ao constituírse en decembro de 1918 a Irmandade Nazonalista de Lugo, foi elixido vicesecretario.El Progreso, 24-12-1918, p. 1. Nos anos vinte colaborou en Gráfica e Ronsel. En 1933 aprobou os cursos para substitución en ensinanza secundaria na especialidade de Francés.El Debate, 15-10-1933, p. 8. Profesor de Francés, foi nomeado vicesecretario do Instituto elemental de Guadix en abril de 1934,El Siglo Futuro, 25-4-1934, p. 4. e encargado interino do curso de Francés no Instituto de Vilalba en marzo de 1935.La Voz de Galicia, 5-3-1935, p. 3. Colaborou en Alborada.Alborada, 5-11-1935, p. 4. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi catedrático de Francés do Instituto de Cidade Real e en 1937 foi nomeado tamén profesor especial de Francés da Escola Normal de Cidade Real.Gaceta de la República, 21/12/1937, p. 1342. Colaborou en Galicia Libre. Abríronlle expediente de depuración sendo profesor encargado de curso do Instituto de Quintanar de la Orden en 1941, foi sancionado con traslado e inhabilitación para cargos directivos e de confianza.BOE, 29-12-1941, p. 10168

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha da Seccion Politico-Social

Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido