10 Days Before the Wedding é un filme iemení de 2018 dirixido por Amr Gamal. Foi escollido como candidato do Iemen para o Óscar ó mellor filme internacional na 91ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado. O filme estreouse na cidade de Adén o 21 de agosto de 2018, converténdose no primeiro filme en estrearse comercialmente no Iemen en catro décadas.
10 Days Before The Wedding foi un grande éxito comercial no Iemen e recibiu a aclamación da crítica. Estreouse en numerosos festivais de cinema como o de Jaipur, Pune, Zanzíbar, San Diego, Casablanca e Aswán.
Personaxes Sali Hamada como Rasha Khaled Hamdan como Ma'amon Mh'd Nagi Break como Salim Qassem Rashad como Mushtaq Bakkar Basaraheel como Waleed Abeer AbdulKareem como Samar
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes do Iemen propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 91ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2018 Categoría:Filmes en lingua árabe Categoría:Filmes do Iemen