O Veltins-Area, antes chamado Area auf Schalke, é un estadio de fútbol situado na cidade de Gelsenkirchen, no estado federal de Renania do Norte-Westfalia, ao noroeste de Alemaña. Posúe unha capacidade para 62 000 persoas e nel disputa os seus partidos como local o FC Schalke 04 da Bundesliga 2. Foi sede do Mundial de Fútbol de 2006, é sede da Eurocopa de Fútbol de 2024 e está catalogado pola UEFA como estadio de elite.
Notas
Categoría:Estadios de fútbol de Alemaña Categoría:Estadios do Mundial de Fútbol de 2006 Categoría:Estadios da Eurocopa de Fútbol de 2024 Categoría:Renania do Norte-Westfalia