Unión Estradense foi un periódico editado en Buenos Aires entre 1928 e 1929.
Historia e características Subtitulado Órgano de la Sociedad Unión Estradense, apareceu en 1928. De periodicidade mensual, dedicábase a informar sobre as actividades da Unión Estradense e achegar a actualidade da Estrada aos emigrantes residentes en Buenos Aires. O último número coñecido é o 14, aparecido en outubro de 1929.
En maio de 1941 editou un número extraordinario "Homenaje a la mujer estradense en la persona de la dignisima Virginia Pereira de Castelao", polo XV aniversario da Sociedade. Contén colaboracións literarias e artigos sobre a muller, a instrución e a cultura enfocados cunha perspectiva galeguista. Entre os seus colaboradores figuraron A. Castro-Dono, Manuel Daniel Varela Buxán, J. M. Brea, J. Martoló, Xosé María Chao Ledo, Castelao, Antón Villar Ponte, Ken Keirades, Manuel Lustres Rivas, Ramón Cabanillas, Ramón Rey Baltar e Rodolfo Prada.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Publicacións impresas da diáspora galega Ligazóns externas
Prensa Galega da Arxentina (1935-1964). III. Revista Unión Estradense, 1941 Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes.
Categoría:Prensa galega da emigración Categoría:Cultura de Buenos Aires