David Sancious nado en Long Branch, Nova Jersey, o 30 de novembro de 1953, é un multi-instrumentista e músico profesional de sesión estadounidense, célebre polo seu traballo coa E Street Band, o grupo de respaldo de Bruce Springsteen, na que foi contratado como teclista moi novo entre 1973 e 1975. Tras a fase con The Boss traballou en solitario como guitarrista tocando rock progresivo no selo Epic e como compositor dentro do xénero do jazz fusion instrumental.

Discografía O seu primeiro álbum en solitario, producido por Billy Cobham, Forest Of Feelings en 1975 é un traballo enmarcado no noise, minimalista en comparación co ELP. A crítica destaca o virtuosismo ao teclado de Sancious na canción 'Come On If You Feel Up To It~' , e á guitarra na canción de rock progesiva 'Dixie'. O seu álbum ao ano seguinte "Transformation and Tone", foi recibido como un álbum sorpresivo de jazz rock. Cítanse influencias da Mahavishnu Orchestra , especialmente na vibración acústica da canción "The Play and Display of the Heart". De novo a crítica destacou a súa gran capacidade como guitarrista no longo tema ‘Sky Church Hymn 9’. Neste momento Sancious deixa o selo Epic para fichar por Arista cos que publica Dance of the Age of Enlightenment (1977), True Stories (1978) e Just as I Thought (1979) A suma total de álbums en solitario e contratado como músico de sesión supera os 40.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Just as I thought - David Sancious

Categoría:Nados en 1953 Categoría:Pianistas de jazz Categoría:Nados en Nova Jersey