dereita|miniatura|Símbolo universal para recoñecer velenos: a caveira e as tibias. dereita|miniatura|Cartel cunha cóbrega pezoñenta. Un veleno é calquera substancia tóxica, xa sexa sólida, líquida ou gasosa, que pode producir unha enfermidade, lesión, ou que altera as funcións do organismo cando entra en contacto cun ser vivo, ata provocando a morte.
Características Os velenos son substancias que bloquean ou inhiben unha reacción química, uníndose a un catalizador ou enzima máis fortemente que o reactivo normal. Esta definición descarta fenómenos físicos como a calor, a radiación, a presión etc., que tamén poden provocar lesións nos organismos.
Segundo Theophrastus Bombastus von Hohenheim, chamado Paracelso:
Segundo a observación de Paracelso, todas as substancias son tóxicas a doses altas, como a auga, o osíxeno e as vitaminas. Os velenos son substancias nocivas a doses ou concentracións moi baixas.
A diferenza entre un veleno e un fármaco é a dose administrada ou acumulada no corpo, pero xeralmente un veleno é mortal a unha determinada dose e sen ningunha función terapéutica.
Orixe Os velenos poden ter unha orixe: Mineral: Como o arsénico, o mercurio. Vexetal: Como algunhas "plantas velenosas". A maioría das plantas medicinais conteñen substancias tóxicas que son velenos a determinadas concentracións, por exemplo, a cicuta. Animal: Como o veleno das serpes, das abellas, chamados normalmente pezoñas. Artificial: Coma moitas das substancias sintetizadas polo ser humano na industria.
A ciencia encargada dos estudos de velenos ou substancias tóxicas chámase toxicoloxía.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Droga. Fármaco. Homeopatía. Substancias tóxicas vexetais. Dose letal. Pezoña
Ligazóns externas Axencia para Substancias Tóxicas e o Rexistro de Enfermidades (ATSDR)
Categoría:Bioloxía Categoría:Toxicoloxía