Reshma Aur Shera (en ) é un filme indio de 1971 producido e dirixido por Sunil Dutt e protagonizado por Waheeda Rehman como Reshma e Sunil Dutt como Shera. O resto do elenco está composto por Vinod Khanna, Amitabh Bachchan, Raakhee, Ranjeet, K.N. Singh, Jayant e Amrish Puri. O fillo de Sunil Dutt, Sanjay Dutt, que tiña 12 anos nese momento, aparece brevemente como cantante de qawwali na súa primeira aparición no cinema.

Foi escollido como candidato da India para o Óscar ó mellor filme internacional na 44ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences

Personaxes Waheeda Rehman como Reshma Sunil Dutt como Shera Amitabh Bachchan como Chhotu Vinod Khanna como Vijay Raakhee como cuñada de Reshma Ranjeet como Gopal Jayant como Sagat Singh K. N. Singh como Chaudhary Amrish Puri como Rehmat Khan Sanjay Dutt como cantante qawwali Naval Kumar como Jagat Singh

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes da India propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 44ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 1971 Categoría:Filmes en lingua hindi Categoría:Filmes da India Categoría:Filmes dirixidos por Sunil Dutt Categoría:Filmes ambientados en Rajasthan