Eu mato xigantes () é unha obra de banda deseñada estadounidense publicada en 2008. Foi creada polo escritor Joe Kelly e o debuxante Ken Niimura. Conta a historia de Barbara Thorson, unha rapaza que tenta escapar dos seus problemas fuxindo a un mundo de fantasía cheo de maxia e monstros.

A obra foi traducida ao galego por Moisés Barcia, e foi editada por Rinoceronte Editora en 2024.

Sinopse Barbara Thorson é unha rapaza divertida, mais que non logra adaptarse e facer amigos. Encántalle xogar ao Dungeons & Dragons. Obsesionada coa fantasía, só fala sobre os xigantes, aos que considera reais. Unha vez decidida a detelos, a fantasía comeza a integrarse na súa vida real.

Premios Mellor obra indie (IGN, 2008) Premio de ouro (V Premio Internacional de Manga, 2012)

Adaptacións

A obra foi adaptada ao cinema en 2017 polo director Anders Walter, con guión do propio Joe Kelly. A película conta coas actuacións de Madison Wolfe, Imogen Poots, Zoe Saldaña e Noel Clarke.

Notas

Categoría:Obras literarias de 2008 Categoría:Obras literarias en inglés Categoría:Literatura infantil e xuvenil Categoría:Obras traducidas do inglés ao galego Categoría:Obras de banda deseñada