Isabel Valdés Aragonés, nada en Calzada de Calatrava (provincia de Cidade Real) en 1985, é unha periodista española especializada en xénero e feminismo.
Traxectoria
En febreiro de 2022 El País nomeouna correspondente de xénero, para seguir de cerca todo o relacionado coas violencias machistas e para evitar os nesgos machistas que poden seguir presentes nas informacións. En novembro de 2022 a Delegación do Goberno na Comunidade de Madrid entregoulle o premio Meninas 2022 polo seu compromiso coa defensa dos dereitos da muller e a loita contra a violencia de xénero. Notas
Categoría:Feministas de España Categoría:Alumnos da Universidade Autónoma de Madrid Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Nados na provincia de Cidade Real
Categoría:Nados en 1985
Categoría:Personalidades sen imaxes