Berbagi Suami é un filme indonesio de 2006 dirixido por Nia Dinata. O filme conta tres historias interrelacionadas: Salma é unha xinecóloga que cuestiona a moralidade da poligamia. Pero como musulmá fiel, acepta o seu marido polígamo, a pesar dos problemas que lle provoca. Siti é unha moza da aldea que é enganada nun fogar polígamo nun barrio pobre de Iacarta. Ming é unha fermosa camareira que se converte na amante dun home casado para promover as súas ambicións. Foi escollido como candidato de Indonesia para o Óscar ó mellor filme internacional na 79ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Personaxes

Jajang C. Noer como Salma Shanty como Siti Dominique Agisca Diyose como Ming El Manik como Mr. Haji Ali Rohim Tio Pakusadewo como Koh Abun Lukman Sardi como Mr. Lik Nungki Kusumastuti como Indri Ria Irawan como Sri Ira Maya Sopha como Cik Linda Winky Wiryawan como Nadim Rieke Diah Pitaloka como Dwi Reuben Elishama como Firman Atiqah Hasiholan como Fatima Janna Soekasah como Santi Melissa Karim como filla de Cik Linda

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Indonesia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 79ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2006 Categoría:Filmes en lingua indonesia Categoría:Filmes de Indonesia Categoría:Filmes rodados en Indonesia Categoría:Filmes sobre temática LGBT de Indonesia