A Stoá de Zeus é un edificio da antiga Atenas, descrito por Pausanias. Segundo o estilo arquitectónico que testemuñan os fragmentos atopados, pódese datar entre os anos -430 e -420. Ao contrario da maioría dos monumentos da época clásica erixidos na praza da ágora de Atenas, a súa fachada era enteiramente de mármore, o que explica o carácter infrecuente do edificio. A stoá estaba dedicada a Zeus Salvador (Ἐλευθέριος). Trátase dun edificio con función relixiosa, pero que ten forma de edificio civil, unha stoá. As orixes do culto a Zeus Salvador pódense datar despois da batalla de Platea (-479). Estaba adornada cos escudos dos caídos que loitaron pola súa liberdade. Decorado con pinturas como a Stoá Pécila. Véxase tamén Outro artigos Ágora de Atenas. Ligazóns externas Stoá de Zeus Salvador. Categoría:Ágora de Atenas
Źródło i licencja
Na podstawie: Wikipedia — Stoá de Zeus · historia autorów.
Tekst: CC BY-SA 4.0.
Informacja o opracowaniu
Usunięto składnię wiki i szablony; dłuższe teksty skrócono.