A batalla da Trepa foi un dos episodios da guerra da Independencia española ocorridos en Galicia no século XIX. A batalla produciuse no lugar da Trepa, no concello do Riós, o 6 de marzo de 1809.

Antecedentes miniatura|Campañas francesas.|310x310px Tras a desastrosa convención de Sintra, na que se permitiu a repatriación das tropas francesas derrotadas na batalla de Vimeiro, os mandos do exército británico foron chamados á súa terra natal para enfrontase a unha investifación, e as tropas en España e Portugal quedaron baixo o mando de John Moore. Coa chegada do propio Napoleón cun exército a España, os franceses entraron en Madrid o 4 de decembro, puxeron baixo asedio Zaragoza, que caeu o 21 de febreiro de 1809, Soult recibiu ordes do emperador de perseguir e derrotar o exército inglés do xeneral Moore, que tivo que reembarcar na batalla de Elviña.

O rearme austríaco que acabaría coa guerra da Quinta Coalición provocou que Napoleón marchase de Valladolid o 17 de xaneiro, chegando a París o 23 de xaneiro e ordenou ao mariscal Soult que invadise Portugal dende o norte pero o inverno fixo que o Miño fose intransitable.

O marqués de la Romana, Pedro Caro y Sureda, cos fragmentos dos exércitos destruídos polos franceses, trinta mil guerrilleiros e milicias operaron nas costas de Galicia e Asturias, atacaron os 17.000 efectivos de Michel Ney. Establecer guarnicións na rexión hostil consumiu a maior parte dos recursos de Ney, e en marzo de 1809, os franceses evacuaron Vigo e Tui e retiráronse do sur de Galicia infestado de guerrillas. O marqués de la Romana decidira non defender Ourense, porque cría que Soult retirábase de Galicia polo Miño e permaneceu na súa base de Monterrei, preto da fronteira portuguesa á espera de que os franceses fosen ao norte. Axiña se fixo evidente que isto non era o que Soult tiña en mente. Permaneceu nove días en Ourense, reunindo forzas e preparándose para ir cara ao sur. O 4 de marzo, Soult saíu finalmente de Ourense en dirección a Monterrei e a fronteira portuguesa en Chaves. La Romana pretendía quedar e loitar en cooperación coas forzas portuguesas do xeneral Francisco da Silveira, pero as relacións entre os aliados complicáronse e o 4 de marzo La Romana cambiou de opinión e, a medida que Soult avanzaba cara a elas, retirouse cara ao leste.

Batalla A cabalaría de Franceschi de Soult conseguiu atrapar o 6 de marzo a 1.200 homes da retagarda española de Nicolás de Mahy na Trepa, causando 300 baixas. e 600 prisioneiros, mais o corpo principal do exército puido fuxir.

Consecuencias Coa retirada do exército español e coa resistencia das forzas portuguesas situadas entre Cerveira e Valença, Soult decidiu dar un rodeo pola fronteira montañosa do alto Minho e cruzou a fronteira o 7 de marzo de 1809 por Tras os Montes con 23.000 homes, 4.000 deles a cabalo, e 50 pezas de artillería, tomando Chaves o 12 de marzo e arrasando as defensas de Braga o 20 de xaneiro e Porto o 28 de marzo mais non puido gozar moito do seu éxito porque case ao mesmo tempo as "ordenanzas" cortaron as súas comunicacións con España e unha gornición de 1.800 homes foi capturada pola forza portuguesa de Francisco da Silveira no asedio de Chaves. O mariscal francés comezou a planificar un descanso. A seguinte acción foi a batalla de Grijó. A cidade foi retomada o 12 de maio polos británicos e portugueses ao mando de Wellesley na segunda batalla do Porto.

Notas

Véxase tamén Outros artigos A Trepa, Fumaces e A Trepa, O Riós Bibliografía

Categoría:1809 Categoría:Século XIX en Galicia Categoría:Batallas da Guerra de Independencia española Categoría:Batallas en Galicia Categoría:Historia militar en Galicia en 1809