Un bot de conversa ou conversacional, do inglés chatbot ou chatterbot, ou ás veces simplemente bot é un interlocutor automatizado. É a combinación das palabras "chat" e "robot". Os chatbots poden ser atopados en sitios web e programas de Instant Messenger, como Facebook Messenger, Skype (o primeiro Windows Live Messenger, o sucesor de MSN Messenger), Yahoo!, AIM, Google Talk, Telegram, WhatsApp, Discord e Slack. No caso do programa Instant Messenger, o chatbot pode engadirse como un "amigo". Tamén son engadidos en servizos de atención ao cliente automatizados.
Historia Un dos primeiros exemplos é ELIZA (1964), un programa informático que pode levar a unha conversa sinxela con persoas. Posteriormente desenvolvéronse unha serie de chatbots, entre eles Parry (1972), Racter (1984) ou ALICE (1995).
A principios de 2016, o número de chatbots nas plataformas de redes sociais aumentou enormemente, e miles de bots foron usados en áreas como márketing ou mercadotecnia, sistemas de apoio, atención médica, entretemento, educación, patrimonio cultural, plataformas de mensaxes, aplicacións industriais e de investigación. miniatura|Conversa con ELIZA, chatbot desenvolvido no MIT por Joseph Weizenbaum. A finais de 2022, OpenAI lanzou o seu chatbot ChatGPT, baseado no modelo GPT-3 da compañía. ChatGPT é un dos chatbots máis avanzados dispoñibles actualmente e é considerado un punto de referencia no desenvolvemento da "IA conversativa". O modelo está adestrado para un gran volume de conversas humanas e por iso pode comunicarse co usuario de forma "natural" e "humana". ChatGPT é un servizo que pode responder preguntas sobre unha variedade de temas. Ao principio, a web oficial ás veces non estaba dispoñible debido á alta demanda, e popularizáronse as aplicacións de chat que usan a API oficial de OpenAI.
Controversias e problemas miniatura|Simposio sobre o Wikimedia e o resgardo da información no contexto da intelixencia artificial, impulsado por WikiAcción Perú. Dereitos de autoría e propiedade intelectual: A creación de contidos por IA, tanto de xeración de textos con chatbot como mediante modelos de texto a imaxes (algúns deles integrados en chatbots) ou de imaxe a imaxe, modelos de texto a vídeo, ou de imaxe a vídeo etc. levou a cuestións sobre os contidos empregados para o seu adestramento, ou sobre quen posúe os dereitos de autor. Os modelos de IA poden xerar obras notabelmente similares a obras protexidas por dereitos de autor sen o permiso explícito dos titulares orixinais dos dereitos. Autenticidade e desinformación: A habilidade da IA para xerar contidos realistas pode ser utilizada para crear desinformación ou novas falsas, especialmente con ferramentas como a clonación de voz ou vídeo "deepfake". Isto pode influír en opinións públicas e mesmo en procesos democráticos. Privacidade: Os modelos de IA que procesan grandes cantidades de datos persoais para aprender ou mellorar poden supor un risco para a privacidade se eses datos non son manexados adecuadamente, como acceso desigual á sanidade, seguros etc. Nesgos e xustiza: Moitos sistemas de IA reflicten ou amplifican os nesgos existentes nos datos cos que foron adestrados. Isto pode levar a resultados discriminatorios ou xustiza desigual, especialmente en aplicacións críticas como contratación laboral, xustiza penal, obtencións de créditos etc. miniatura|Fragmento de ensaio sobre plaxio xerado por chatbot de IA (ChatGPT da OpenAI) Impacto laboral e no mercado de traballo: A automatización impulsada pola IA pode substituír traballadores en certos eidos, provocando desemprego e desigualdade económica. Seguridade e uso dual: As tecnoloxías de chatbot, e da IA en xeral, teñen potenciais aplicacións militares e de vixilancia que poden ser controvertidas, especialmente cando se usan de maneiras que poden violar dereitos humanos ou levar a un control autoritario. Dependencia tecnolóxica: A dependencia crecente en sistemas de IA pode levar a vulnerabilidades, incluíndo fallos técnicos ou manipulación malintencionada dos sistemas. Saturación de internet con contidos xerados por IA: Cando os chatbots e sistemas de IA en xeral utilizan contidos creados por outras IAs para o seu propio adestramento, poden xurdir problemas de diversidade e orixinalidade nos discursos. Os sistemas tenden a replicar e amplificar patróns xa existentes nos datos, reducindo a variedade de ideas e perspectivas, e pode limitar a innovación e a creatividade.
Notas
Véxase tamén Outros artigos
Aprendizaxe automática Axente intelixente Intelixencia artificial LaMDA Modelo de linguaxe de grande escala Modelo de texto a imaxe OpenAI Stable Diffusion Transformador (modelo de aprendizaxe automática)
Categoría:Bots de conversa