Nil Cervera del Fresno, nado en Igualada o 29 de agosto de 2003, é un xogador de hóckey a patíns catalán, que xoga de defensa-medio no Deportivo Liceo da OK Liga. É internacional coa selección española.
Traxectoria Formouse na canteira do club de hóckey máis importante da súa vila natal, o Igualada, co que debutou na OK Liga na tempada 2020/21. Convertido nunha das maiores promesas do hóckey nacional, foi o máximo goleador do seu equipo na tempada 2023/24 (29 goles), na que conquistou a Copa da WSE, e foi elixido xogador revelación da tempada pola Federación Española de Patinaxe. O seu rendemento chamou a atención dos grandes clubs europeos, sendo o Liceo coruñés o que conseguiu a súa fichaxe.
Selección española Despois de ser internacional nas categorías inferiores, debutou coa selección española absoluta en 2024, na Copa das Nacións de Montreux.
Palmarés Igualada Copa da WSE (1): 2023/24.
Liceo Copa do Rei (1): 2026.
España sub-19 Campionato de Europa sub-19 (1): 2021.
Notas
Categoría:Nados en Igualada Categoría:Nados en 2003 Categoría:Xogadores de hóckey a patíns de Cataluña Categoría:Xogadores do H.C. Liceo