Dāyere-ye Minā (en ) é un filme iraniano de 1975 dirixido e escrito por Dariush Mehrjui. Está protagonizado por Saeed Kangarani, Ezzatollah Entezami, Ali Nassirian e Forouzan. Tras anos de prohibición, o filme estreouse nos cinemas de Irán o 12 de abril de 1978. Foi escollido como candidato de Irán para o Óscar ó mellor filme internacional na 50ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences
Sinopse Conta a historia dun mozo que trata de conseguir cartos para pagar os tratamentos médicos do seu pai doente e é absorbido pola vida á marxe da sociedade, explotando outras persoas pobres e marxinadas polo seu sangue.
Personaxes
Saeed Kangarani como Ali Ezzatolah Entezami como Dr. Sameri Forouzan como Zahra Ali Nassirian como Esmail Bahman Fersi como doutor Davoudzadeh Esmail Mohammadi como pai de Ali Rafi Halati como médico Soroush Khalili como xefe do hospital Iraj Rad como interno Mohammad Motii como doante de sangue Jamshid Layeg como médico
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Irán propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 50ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 1975 Categoría:Filmes en lingua persa Categoría:Filmes de Irán Categoría:Filmes dirixidos por Dariush Mehrjui