The Sweetest Mango é un filme de Antiga e Barbuda de 2001, dirixido por Howard Allen. Howard e Mitzi Allen son os produtores executivos, e Joanne C. Hillhouse foi como produtora asociada. É o primeiro filme da historia do cinema de Antiga e Barbuda. A historia inspírase nunha historia real de Howard e Mitzi Allen e foi escrita por D. Gisele Isaac. O filme foi concibido como un "proxecto milenario" que marcase a entrada do país insular no século XXI e no III milenio. A actriz Janil Greenaway serviría máis tarde como cónsul xeral de Antiga e Barbuda no Canadá.

Personaxes Jermilla Kirwan como Lovelyanne Davies Omar Mathurin Janil Greenaway Julie Hewlett Mervyn Richards Berni Isaac Centelia Browne Denise Francis Heather Doram

Notas

Categoría:Filmes de 2001 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Antiga e Barbuda Categoría:Filmes ambientados en Antiga e Barbuda Categoría:Filmes rodados en Antiga e Barbuda