Adrián Pérez Bote, nado en Vigo en 1992, é un estatístico e escritor galego.
Traxectoria Despois de estudar no bacharelato no IES Politécnico de Vigo, licenciouse en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela e marchou vivir a Madrid. Alí tivo distintos traballos relacionados con aprendizaxe automática e como científico de datos, ata que en 2023 aprobou co número 1 as oposicións ao corpo superior de Estatísticos do Estado, o que o levou a traballar no Instituto Nacional de Estatística, en Madrid.
En 2010, aínda como estudante, levou o segundo premio no Xaquina Trillo de relato curto, na categoría de entre 13 e 18 anos. E en 2023 obtivo o premio Terras do Chamoso de relato. En 2024 gañou o premio Illa Nova de novela con Baixo o ceo de xeo, unha peza de ciencia ficción. Este premio leva aparellada a publicación da obra.
Obra Baixo o ceo de xeo (2024). Vigo: Galaxia. 304 páxs. ISBN 978-84-1176-350-9. Notas
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Matemáticos de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Galegos de Madrid Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1992 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes