O Xiaojing (chinés tradicional: 孝經; chinés simplificado: 孝经; pinyin: Xiàojīng; Wade-Giles: Hsiao4-ching1) ou Clásico da piedade filial é un dos Trece Clásicos do confucianismo, centrado no tema da piedade filial. É dicir, que contén recomendacións sobre como comportarse cos pais, cos irmáns máis vellos ou cos gobernantes.

O texto foi escrito cara a finais do período dos Reinos Combatentes ou comezos da dinastía Han, e está baseado nunha conversa entre Confucio e un dos seus discípulos, Zengzi. Trátase dunha obra moi empregada en dinastías posteriores como medio de ensinanza moral para os nenos.

Autoría O Xiaojing data do século IV ou III a.C.; a súa autoría é descoñecida. Segundo a tradición, é o rexistro dunha conversa entre Confucio e o seu discípulo Zengzi. Un erudito do século XII, He Yin, afirmou: "O Xiaojing non é obra do propio Zengzi. Cando este finalizou as súas conversas co mestre sobre o tema da piedade filial, repetiu aos estudantes da súa propia escola os contidos das mesmas. Foron estes os que clasificaron os ditos de Confucio, dando forma ao tratado".

Contido Tal e como suxire o título, o libro trata sobre o tema da piedade filial, un dos valores basilares do confucianismo. O argumento central da obra é que a xente que ama e serve aos pais debe facer o mesmo cos gobernantes, o que conducirá a unha sociedade en harmonía:

Influencia O Xiaojing ocupou un lugar destacado na educación clásica da China imperial. Foi empregado na educación máis básica, xunto co Lunyu, o Xiaoxue ou o Lie nü zhuan. O seu estudo mencionábase en epitafios como mostra do bo carácter dunha persoa. Tamén era habitual recitalo a viva voz durante o loito polo pasamento dos pais.

A nivel político, tivo moita influencia, xa que a piedade filial era un medio para demostrar a propia virtude e acceder postos na corte imperial. Así mesmo, foi citado por algúns dos neoconfucianos máis relevantes, entre os que destaca Zhu Xi.

Traducións En castelán Confucio (2021): Textos escogidos. Tradución directa de Gabriel García-Noblejas e Carmen Torres Marín. Alianza Editorial.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Confucianismo Confucio Piedade filial Trece Clásicos Zengzi

Ligazóns externas Traducións do Xiaojing en España Texto completo en chinés

Categoría:Literatura en lingua chinesa Categoría:Filosofía chinesa Categoría:Confucianismo