Dumas Davy de la Pailleterie (máis coñecido por Alexandre Dumas), nado en Villers-Cotterêts o 24 de xullo de 1802 e finado en Puys o 5 de decembro de 1870, foi un novelista e dramaturgo francés. O seu fillo, Alexandre Dumas, foi tamén un escritor coñecido.

Traxectoria Fillo do xeneral francés Thomas-Alexandre Davy de la Pailleterie, máis coñecido como Thomas-Alexandre Dumas, fillo do Marqués Antoine-Alexandre Davy de la Pailleterie quen casou con Marie-Céssette Dumas, unha escrava negra das illas Indias do Oeste de Saint Domingue. O seu avó era un home díscolo que buscou amor e fortuna en América, o cal tamén casou cunha muller negra. Xa que logo o pai de Dumas tamén era mestizo.

O pai de Dumas morreu cando el tiña tres anos de idade. Dada a exigua pensión de que dispoñía a súa nai, Dumas recibiu unha escasa educación escolar. Cuns estudos deficientes empezou a traballar como mensaxeiro, vendedor de tabaco e como pasante dun notario e, co seu amigo, o vizconde Adolphe Ribbing de Leuven, escribiu as súas primeiras obras. Estes balbuceos teatrais foron outros tantos fracasos. Tamén traduciu a obra de Walter Scott Ivanhoe.

En 1823 instálase en París e entra ao servizo do Duque d'Orléans como escribán, grazas á súa perfecta caligrafía e á recomendación do xeneral Foy. Continúa escribindo e completando a súa formación de xeito autodidacta.

Coa representación, pola Comédie française en 1829, de Henri III et sa cour, consegue gran notoriedade e, en 1831, con Anthony alcanza o seu primeiro éxito. Éxito que continuará ao longo da súa carreira literaria co xénero da súa predilección: o drama e a novela histórica. É un autor prolífico (traxedias, dramas, melodramas, aventuras...) aínda que, para atender á crecente demanda do público, tivo que recorrer á axuda, notoria, de "colaboradores" entre os que destacou Auguste Maquet (1839-1851) que interveu en varias das súas novelas, entre elas Os tres mosqueteiros e O Conde de Montecristo (1844).

Grande admirador de Walter Scott, as súas novelas históricas cheas de vivacidade e pintoresquismo, gozaron do beneplácito do público propiciado pola súa publicación, por entregas, nos xornais.

Amasou unha considerable fortuna que dilapidou con prodigalidade en festas e ceas, ademais de construír un castelo chamado Montecristo. Formou parte activa na revolución de 1848, co que se viu involucrado en problemas políticos. Por estas datas coñece a un mozo Jules Verne. Nese mesmo ano rompeu a súa relación con Macquet, o cal denunciouno por terse aproveitado del. O xuízo ditaminou que tiña que pagarlle 145.000 francos en 10 anos. Asediado polos acredores, fuxiu a Bruxelas en 1851. Foi criticado, censurado e deostado. Regresou a París en 1853 e embarcouse en diversas empresas, a cada cal máis ruinosa. En 1847 fundou o Théâtre Historique que, catro anos máis tarde, foi á bancarrota. Foi tamén fundador do semanario Le Monte-Christo (1857-1860) que tamén crebou.

Realizou diversas viaxes, Gran Bretaña, Rusia, Italia, Alemaña, Suíza, Arabia, traballando de correspondente e aprendendo inglés, italiano e alemán. En Italia coñeceu a Giuseppe Garibaldi co que colaborou na súa revolución, en Sicilia, en 1860. Publicou dúas obras sobre o libertador. Case arruinado refuxiouse na casa do seu fillo, tamén escritor, e alí morreu.

Publicou aproximadamente 300 obras e numerosos artigos, converténdose nun dos autores máis prolíficos e populares de Francia. As súas novelas van desde a aventura á fantasía, pasando pola Historia. En 1869 inicia Le Grand Dictionnaire de Cuisine, que sería publicado, postumamente, en 1873.

Recoñecemento póstumo En 2002 o seu corpo foi transferido ao Panteón de París, no medio de celebracións en toda Francia. En vida, Dumas manifestara, con todo, a súa vontade de permanecer enterrado en Villers-Cotterêts.

Obras La Chasse et l’amour (teatro), 1825 La Noce et l’enterrement (teatro), 1826 Henri III et sa cour (teatro), 1829 Christine ou Stockholm, Fontainebleau et Rome (teatro), 1830 Napoléon Bonaparte, ou trente ans de l’histoire de France (teatro), 1831 Antony (teatro), 1831 Charles VII chez ses grands vassaux (teatro),, 1831 Teresa (teatro), 1831 La Tour de Nesle (teatro), 1832 Souvenirs d’Anthony, 1835 Chroniques de France Isabel de Bavière, 1835 Kean (teatro), 1836 Caligula (teatro), 1837 Mademoiselle de Belle-Isle (teatro), 1837 Acté, 1837 La Salle d’armes/Pauline, 1838 Le Capitaine Paul, 1838 Le Capitaine Pamphile, 1839 Crimes célèbres, 1839-1841 Napoléon, 1840 Othon L’archer, 1840 Les Stuarts, 1840 Maître Adam le calabrais, 1840 Le Maître d’armes, 1840-1841 Praxède, 1841 Aventures de Lydéric Grand Forestier de Flandre, 1841 ISBN 2-85984-023-0 Nouvelles impressions de voyage (Midi de la France), 1841 Excursions sur les bords du Rhin, 1841 Souvenirs de voyage - Une année à Florence , 1841 Jeanne la pucelle 1429-1431, 1842 Le Speronare, 1842 Le Capitaine Arena, 1842 Le Chevalier d'Harmental, 1842. Le Corricolo, 1843 Des demoiselles de Saint-Cyr (teatro), 1843 Filles, lorettes et courtisanes, 1843 Georges , 1843 Sylvandire, 1844 Fernande, 1844 Les Trois Mousquetaires, 1844 Le Château d’Eppstein, 1844 Cécile, 1844 Gabriel Lambert, 1844 Louis XIV et son siècle, 1844 Vingt Ans après, 1845 Le Comte de Monte-Cristo, 1845 – 1846 Une fille du régent, 1845 La Reine Margot, 1845 Les Médicis, 1845 Les Frères corses, 1845 Le Chevalier de Maison-Rouge, 1845-1846 La Dame de Monsoreau, 1846 Le Bâtard de Mauléon, 1846 Joseph Balsamo, 1846, inspirado na vida de Giuseppe Balsamo Les Deux Diane, 1846 Impressions de voyage, De Paris à Cadix, 1847 Les Quarante-cinq, 1847 Le Vicomte de Bragelonne, 1848 Les Mille et un fantômes, 1849 Le Collier de la reine, 1849 La Femme au collier de velours, 1850 La Tulipe noire, 1850 Le Trou de l’enfer, 1850 La Colombe, 1850 Le Drame de Quatrevingt-treize, 1851 Impression de voyage (en Suisse), 1851 Ange Pitou, 1851 Olympe de Clèves, 1851 La Comtesse de Charny, 1853 Le Pasteur d’Ashbourne, 1853 Isaac Laquedem, 1853 Les Drames de la mer, 1853 Ingénue, 1853 La Jeunesse de Pierrot, 1854 El Salteador, 1855 Une vie d’artiste, 1854 Catherine Blum, 1854 Saphir, 1854 Vie et Aventures de la princesse de Monaco, 1854 Les Mohicans de Paris, 1854-1855 Souvenirs de 1830 à 1842, 1854 La Jeunesse de Louis XIV (teatro), 1854 La Dernière année de Marie Dorval, 1855 Marie Giovanni, journal d’une parisienne, 1855 Le Page du duc de Savoie, 1855 Les Grands hommes en robe de chambre, César, Henri IV, Richelieu, 1855 –1856 Madame du Deffand, 1856 Les Compagnons de Jéhu, 1856 L’Homme aux contes, 1857 Charles le Téméraire, 1857 Le Meneur de loups, 1857 La Dame de volupté, 1857 Les louves de Machecoul, 1858 De Paris à Astrakan, 1859 Jane, 1859 Histoire d’un cabanon et d’un chalet, 1859 La Maison de glace, 1860 La Route de Varennes, 1860 Mémoires de Garibaldi, 1860 Une aventure d’amour, 1860 Le Père Gigogne, contes pour les enfants, 1860 La Marquise d’Escoman, 1860 Une nuit à Florence sous Alexandre de Médicis, 1861 Les Morts vont vite, 1861 Bric à Brac, 1861 La Princesse Flora, 1863 La San-Felice, 1863 La Boule de neige, 1863 Les Blancs et les Bleus1867 Les Hommes de fer, 1867 La Terreur prussienne, souvenirs dramatiques, 1868 Publicacións póstumas : 111. Le Grand dictionnaire de cuisine, 1871 112. Création et rédemption, 1863 113. La Fille du marquis, 1863 114. Le Prince des Voleurs, 1863 115. Robin Hood le proscrit, 1863 116. L’Île de feu, 1863 117. Le Chevalier de Sainte-Hermine.

Véxase tamén

Ligazóns externas Alexandre Dumas (pai), no Proxecto Gutenberg

Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Escritores de Francia Categoría:Franceses de ascendencia haitiana Categoría:Novelistas de Francia Categoría:Dramaturgos de Francia