Organización, derivado do latín medieval organizationem (nominativo organizatio), substantivo de acción do participio de organizare, do latín organum "instrumento, ferramenta, órgano", ten os seguintes significados:
é o efecto de organizar ou organizarse.
tamén é o acto ou proceso de organizar, a disposición das partes nun todo "orgánico" tamén a maneira como está organizado un conxunto, con vistas a cumprir unha función. Por exemplo: "A organización dos servizos é deficiente". organización como entidade, institución ou asociación, que ten un obxectivo colectivo e está vinculada a unha contorna externa (esta acepción como grupo de persoas emprégase desde a Idade moderna).
Bioloxía e medicina (véxase o dicionario galego de termos médicos)
Organización tisular: acción de dotar de estrutura orgánica ou de formar órganos dentro dun ser vivo. Organización (vascularidade): transformación no interior do organismo dun trombo, exsudado ou calquera masa sen vida en tecido conxuntivo vascular, a través da migración de células e vasos sanguíneos.
Notas
Véxase tamén
Autoorganización Organismo Organizador nucleolar Órgano Órgano Categoría:Homónimos