dereita|miniatura|411x411px| Monumento evocador do Tratado de Tagilde O Tratado de Tagilde foi un tratado asinado o 10 de xullo de 1372 en Tagilde, parroquia do concello de Vizela.Jornal de Notícias, Tratado de Tagilde entra no calendário [] Foi un dos acordos políticos máis importantes de Portugal. O rei D. Fernando I de Portugal asinou o chamado “pacto de Tagilde” cos delegados de Xoán de Gante, que se nomeara rei de Galiza e aspiraba ao trono de Castela polo seu matrimonio con Costanza. Este acordo constituíu o primeiro fundamento xurídico do futuro tratado de alianza anglo-portuguesa, que aínda existe na actualidade.
Nese pacto, Portugal comprometeuse a axudar a Xoán de Gante, duque de Lancaster, por mar e terra, contra Henrique II de Castela e/ou o rei de Aragón. O rei portugués non podería adquirir terra ningunha nos señoríos de Castela. No reino de Aragón as terras pertencían a aquel, D. Fernando ou Xoán de Gante, que primeiro os conquistase.Fernão Lopes, Crónica de el-rei D. Fernando, cap. LXVII
Xunto á igrexa matriz de Tagilde, está situada dende 1953 un elegante patrón de pedra que conmemora o acto entre os dous países, daquela reinos.
Copia do tratado En 2022, a Cámara de Vizela obtivo unha copia do tratado luso-británico, cando unha delegación de Vizela, encabezada polo presidente da Cámara, Vítor Hugo Salgado, viaxou a Londres, onde visitaron os Arquivos Nacionais do Reino Unido.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Alianza luso-británica Diplomacia Fernando Ruyz de Castro Guerra civil castelá de 1351-1369 Guerra dos Cen Anos Tratado anglo-portugués de 1373 Tratado de Windsor
Categoría:Tratados do Reino Unido Categoría:Tratados do Reino de Portugal