A avenida do Fragoso é unha vía urbana da cidade de Vigo. Deseñouse na década de 1970 para unir a praza América co estadio de Balaídos.
Historia A avenida do Fragoso é unha das principais vías radiais que parten da praza América. Para dar solución ao problema de acceso ao estadio de Balaídos, onde xoga como local o Real Club Celta de Vigo, redactouse un proxecto para construír un vial que conectase a praza América co campo de fútbol. Até entón, dito acceso realizábase mediante camiños desde as estradas de Vincios e Baiona.
O proxecto foi encargado polo concello ao enxeñeiro Sáez-Díez antes da redacción do Plan de Ordenación da Florida de 1958. Finalmente, na década de 1970 materializouse a construción do vial.
Toponimia A avenida do Fragoso recibe o seu nome do val de Fragoso, o val que ocupa gran parte do concello vigués e a contorna natural do río Lagares. Anteriormente, o val estaba integrado por tres concellos: Vigo, Bouzas e Fragoso. Este último concello abranguía as parroquias viguesas de Coruxo, Cabral ou Alcabre e mais a parroquia redondelana de Chapela.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Val de Fragoso
Categoría:Avenidas de Vigo