Pedro Pablo Riobó Sanluís, nado en Moaña en 1959, é un profesor e escritor galego.
Traxectoria Profesor xubilado de secundaria das materias de Lingua Galega e Artes Escénicas e director de teatro amador e escolar. Tradutor e dramaturgo. Foi promotor da Federación Galega de Teatro Afeccionado, a Plataforma Transfronteiriza de Teatro Amador e a Mostra de Teatro do Ensino Secundario do Morrazo. É autor de estudos teatrais e artigos en ADE, Artez e na Revista Galega de Teatro, da que formou parte de 1997 a 2022.
Obras
Ensaio O teatro galego contemporáneo (1936-1996) (1999). Universidade da Coruña. 247 páxs. ISBN 9788495322302.
Poesía As desfeitas do día (2011). Cangas de Morrazo: Morgante. 104 páxs. ISBN 978-84-15166-11-5.
Novela Tina e Xeró, (2024). Vigo: Xerais. 216 páxs. ISBN 978-84-1110-590-3. ePub: ISBN 978-84-1110-597-2.
Recoñecementos
Premio Xiria ao Labor Teatral (2005) da MITCF de Cangas de Morrazo.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Xerais
Categoría:Dramaturgos de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Moaña
Categoría:Nados en 1956