Un Sistema de Unidades é un conxunto consistente de unidades de medida. Definen un conxunto básico de unidades de medida a partir do cal derívanse o resto. Existen varios sistemas de unidades usados, se ben pode definirse unha infinitude deles: Sistema Internacional de Unidades ou SI: é o sistema máis usado, no que se tende a unificar as unidades usadas. As súas unidades básicas son: o metro, o quilogramo, o segundo, o amperio, o kelvin, a candela e o mol. Sistema Métrico Decimal: primeiro sistema unificado de medidas. Sistema Ceguesimal ou CGS: denominado así porque as súas unidades básicas son o centímetro, o gramo e o segundo. Sistema Natural: no cal as unidades escóllense de forma que certas constantes físicas vallan exactamente 1. Sistema Técnico de Unidades: derivado do sistema métrico con unidades do anterior, aínda utilizado na técnica por ser unidades moi intuitivas. Sistema Inglés: aínda utilizado nos países anglosaxóns. En xeral estano substituíndo pouco a pouco polo Sistema Internacional de Unidades.
Ademais destes, existen unidades prácticas usadas en diferentes campos e ciencias, como as unidades usadas na astronomía.
Listas de unidades Unidades de lonxitude Unidades de superficie Unidades de volume Unidades de masa
Véxase tamén Outros artigos Física
Ligazóns externas Real Decreto 2032/2009, de 30 de decembro, polo que se establecen as unidades legais de medida (BOE nº 18, de 21 de xaneiro de 2010
Categoría:Metroloxía