Giovanni Battista Sammartini, nado en Milán cara a 1700 ou 1701 e finado na mesma cidade o 15 de xaneiro de 1775, foi un organista e compositor italiano.
Traxectoria Fillo dun oboísta francés trasladado a Milán. O seu irmán Giuseppe Sammartini era oboísta e tamén compositor.
Organista na Sant'Ambrogio de Milán e noutras igrexas, xogou un papel de primeiro plano na vida musical milanesa. Tivo como discípulo a Christoph Willibald Gluck e influíu en Mozart.
Compuxo música sacra, teatral e unha boa cantidade de música instrumental: sonatas, tríos, cuartetos, quintetos, concertos e sobre todo sinfonías, nas que anticiparía a forma que se desenvolvería no período clásico. Destas últimas foron rexistradas máis de setenta.
Obras Óperas: Memet, drama en tres actos Sonatas: para órgano, para violoncello, para violín, para frauta, sonatas para trío (por exemplo frauta, violín e baixo continuo) Concertos: para violoncello e piccolo, para violín, para frauta Sinfonías: unhas 70.
Categoría:Música clásica Categoría:Compositores de Italia Categoría:Nados en Milán Categoría:Nados en 1700 Categoría:Finados en 1775