O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible (antes chamado Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana) é o órgano de goberno da Administración Xeral do Estado, encargado da preparación e execución da política do goberno en materia de infraestruturas de transporte terrestre, aéreo e marítimo de competencia estatal, e o control, a ordenación e a regulación administrativa dos servizos de transporte correspondentes en España. Así mesmo ten como outros obxectivos, o impulso e dirección de temas relativos á astronomía, xeodesia, xeofísica e cartografía.

É abreviado MITMS. O actual ministro é Óscar Puente Santiago.

Estrutura orgánica básica

A estrutura orgánica básica dende xullo de 2020 é:

Ministro de Transportes e Mobilidade Sostible: Óscar Puente Santiago Secretaría de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana: Secretaría Xeral de Infraestruturas Dirección Xeral de Estradas Dirección Xeral de Planificación e avaliación da Rede Ferroviaria Secretaría Xeral de Transporte e mobilidade: Dirección Xeral de Aviación Civil Dirección Xeral da Mariña mercante Dirección Xeral de Transportes Terrestre Secretaría Xeral de Axenda Urbana e Vivenda Dirección Xeral de Axenda Urbana e Arquitectura. Dirección Xeral de Vivenda e Solo

Subsecretaría de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana Secretaría Xeral Técnica. Dirección Xeral de Programación Económica e Presupostos. Dirección Xeral de Organización e Inspección. Dirección Xeral do Instituto Xeográfico Nacional.

Lista de ministros

Segunda República Española (1931 - 1939) Como Ministerio de Fomento (1931): Álvaro de Albornoz Limiñana (1931): Félix Gordón y Ordás - Interino (1931): José Salmerón García - Interino Como Ministerio de Obras Públicas (1931 - 1933): Indalecio Prieto Tuero (1933 - 1934): Rafael Guerra del Río (1933): Félix Gordón y Ordás - Interino (1934): Cirilo del Río Rodríguez - Interino (1934 - 1935): José María Cid Ruiz Zorrilla (1935): Rafael Guerra del Río (1935): Manuel Marraco y Ramón Como Ministerio de Obras Públicas e Comunicacións (1935): Luis Lucía Lucía (1935 - 1936): Cirilo del Río Rodríguez Como Ministerio de Obras Públicas (1936): Santiago Casares Quiroga (1936): Antonio Velao Oñate (1936): Antonio Lara Zárate (1936): Antonio Velao Oñate (1936): Vicente Uribe Galdeano - Interino (1936 - 1937): Julio Just Gimeno Como Ministerio de Comunicacións, Transportes e Obras Públicas (1937 - 1938): Bernardo Giner de los Ríos

Franquismo (1939 - 1975) - denominase Ministerio de Obras Públicas (1938 - 1945): Alfonso Peña Boeuf (1945 - 1951): José María Fernández-Ladreda y Menéndez Valdés (1951 - 1957): Fernando Suárez de Tangil y de Angulo, Conde de Vallellano (1957 - 1965): Jorge Vigón Suero Díaz (1965 - 1970): Federico Silva Muñoz (1970 - 1974): Gonzalo Fernández de la Mora y Mon (1974 - 1975): Antonio Valdés González-Roldán Transición española (1975-1977) - denomínase Ministerio de Obras Públicas (1975 - 1976): Antonio Valdés González-Roldán (1976): Leopoldo Calvo-Sotelo Bustelo (1976): Carlos Pérez de Bricio Olarriaga - Interino (1976 - 1977): Luis Ortiz González Lexislatura Constituínte (1977-1979) - denomínase Ministerio de Obras Públicas e Urbanismo (1977 - 1979): Joaquín Garrigues Walker I Lexislatura (1979-1982) - denominase Ministerio de Obras Públicas e Urbanismo (1979 - 1981): Jesús Sancho Rof (UCD) (1981 - 1982): Luis Ortiz González (UCD) II Lexislatura (1982-1986) - denominase Ministerio de Obras Públicas e Urbanismo (1982 - 1985): Julián Campo (PSOE) (1985 - 1986): Javier Sáenz de Cosculluela (PSOE) III Lexislatura (1986-1989) - denominase Ministerio de Obras Públicas e Urbanismo (1986 - 1989): Javier Sáenz de Cosculluela (PSOE) IV Lexislatura (1989-1993) - denominase Ministerio de Obras Públicas e Urbanismo (1989 - 1991): Javier Sáenz de Cosculluela (PSOE) (1991 - 1993): Josep Borrell (PSOE) V Lexislatura (1993-1996) - denominase Ministerio de Obras Públicas, Transportes e Medio Ambiente (1993 - 1996): Josep Borrell (PSOE) VI Lexislatura (1996 - 2000) (1996 - 2000): Rafael Arias-Salgado (PP) VII Lexislatura (2000 - 2004) (2000 - 2004): Francisco Álvarez Cascos (PP) VIII Lexislatura (2004 - 2008) (2004 - 2008): Magdalena Álvarez (PSOE) IX Lexislatura (2008 - 2011) (2008 - 2009): Magdalena Álvarez (PSOE) (2009 - 2011): José Blanco López (PSOE). A partir de 2010 integra tamén as competencias do desaparecido Ministerio da Vivenda. X Lexislatura (2011 - 2015) (2011 - 2015): Ana Pastor XI Lexislatura (2015 - 2016) (2016 - 2016): Ana Pastor, en funcións. XII Lexislatura (2016 - 2019) (2016 - 2016): Rafael Catalá, en funcións, asume o Ministerio de Fomento, durante o primeiro e segundo goberno de Mariano Rajoy. (2016 - 2018): Íñigo de la Serna. XIII Lexislatura (2019 - 2020) (2018 - 2021): José Luis Ábalos. XIV Lexislatura (2020 - 2023) (2018 - 2021): José Luis Ábalos. (2021 - 2023): Raquel Sánchez Jiménez. XV Lexislatura (2023 - act.) (2023 - act.): Óscar Puente Santiago.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina web do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana Organigrama do ministerio

Fomento