Aniceto Díaz Pereira, nado en Meira o 18 de decembro de 1898, foi un xastre e político galego.

Traxectoria Emigrante retornado de Cuba. Logo do triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936 foi nomeado concelleiro de Meira. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi multado polo gobernador civil de Lugo por negarse a satisfacer a taxa sobre o prato único.El Progreso, 1-4-1937, p. 2. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1941.Expediente de responsabilidade política nº 146/1941 de Ovidio López Rico; Manuel Doval Touzón e outrosBOP Lugo, 26-11-1942, p. 2.

Enlace do guerrilleiro Manuel Castro Tellado dende 1944, a súa filla, América Díaz Pereira, foi detida pola Garda Civil, confesou e como consecuencia rexistraron a casa o 15 de febreiro de 1947 e toparon armas e documentación da guerrilla. Ámbo foron detidos e procesados na causa 99/47 por "encubridores de bandoleros". Xulgado en Lugo o 30 de xaneiro de 1948 xunto con Primitivo Rodríguez Otero, Manuel Cobas Rodríguez, José Coronas Rodríguez, Lino Carrera Falcón, Fidel Díaz Pérez, José María Díaz Cortón, Faílde Fernández Teijeiro, Antonio Freire Sanjurjo, Carmen Freire Sanjurjo, Donato Freire Barja, Anunciación Grandela Novo, Modesto López Rodríguez, Francisco Pacio Rodríguez, Manuel Páxaro Seijas, Darío Peinó Jardín, Manuel Pérez Penelas, David Rico Seivane, Serafín Rico Seivane, Salvador Riopedre Río, José Benito Sanjurjo Onega e Josefa Teijeiro Linares. Foi condenado a dez anos de prisión maior. Foi trasladado ao Reformatorio de Adultos de Ocaña (Toledo) a finais de abril de 1948 para traballar na xastrería no programa de redención de penas polo traballo. Saíu en liberdade condicional o 24 de agosto de 1954.

Vida persoal

Casou e tivo dúas fillas. Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Expediente procesual de Aniceto Díaz Pereira

Categoría:Concelleiros de Meira

Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Represaliados polo franquismo

Categoría:Nados en Meira

Categoría:Nados en 1898