Peter J. Bowler, nado o 8 de outubro de 1944, BOWLER, Prof. Peter John, Who's Who 2015, A & C Black, 2015; online edn, Oxford University Press, 2014 é un historiador da bioloxía e membro da Academia Británica que escribiu moitas obras sobre a historia do pensamento evolucionista, a historia da ciencias ambientais e a da xenética. O seu libro de 1984 Evolution: The History of an Idea é un libro de texo estándar da historia da evolución; unha edición do 25º aniversario saíu en 2009. O seu libro de 1983 The Eclipse of Darwinism: Anti-Darwinian Evolution Theories in the Decades Around 1900 describe (usando unha frase de Julian Huxley) a predominancia científica doutras teorías evolutivas que fixo que moitos autores minimizasen a importancia da selección natural a inicios do século XX, antes de que a xenética fose reconciliada coa selección natural na chamada síntese moderna.
Vida Peter Bowler ten unha licenciatura (BA) da Universidade de Cambridge, e un máster (MSc) da Universidade de Sussex e un doutoramento (PhD) da Universidade de Toronto. Na década de 1970 ensinou na Escola de Humanidades, Universiti Sains Malaysia, Penang. Actualmente é profesor de historia da ciencia na Universidade da Raíña de Belfast, e foi elixido membro da Asociación Americana para o Avance da Ciencia e membro correspondente da Academia Internacional de Historia das Ciencias. Foi presidente da Sociedade Británica para a Historia da Ciencia de 2004 a 2006.Peter Bowler's QUB staff page
Os seus intereses actuais son o desenvolvemento e implicacións do darwinismo, a historia das ciencias ambientais, a ciencia e a relixión (especialmente no século XX), e escritos de divulgación científica. As súas investigacións actuais céntranse na produción de literatura divulgativa científica a inicios do século XX en Gran Bretaña, con énfase especial no papel exercido polos científicos profesionais. Bowler discute os intentos dos científicos vitorianos de promover a ciencia para que o público a comprendese e incrementar a accesibilidade das obras de divulgación científica.PJ Bowler Science For All, Chicago Univ Press 2009
Bowler criticou o creacionismo en Irlanda do Norte. Fixo moitas aparicións na radio local, incluíndo entrevistas con William Crawley nos programas da BBC Radio Ulster TalkBack e Sunday Sequence; alí el defendeu a evolución e subliñou a natureza non científica do creacionismo.BBC Radio Ulster TalkBack, emisión do 15 de setembro de 2008BBC Radio Ulster Sunday Sequence, emisión do 2 de decembro de 2007
Publicacións
Fossils and Progress: Palaeontology and the Idea of Progressive Evolution in the Nineteenth Century (1976) Theories of Human Evolution: A Century of Debate, 1844–1944 (Wiley-Blackwell 1987) The Mendelian Revolution: The Emergence of Hereditarian Concepts in Modern Science and Society (Continuum International, Athlone, 1989) The Invention of Progress: Victorians and the Past (Wiley-Blackwell, 1989) The Non-Darwinian Revolution: Reinterpreting a Historical Myth (Johns Hopkins University Press, New Edition, 1988) The Eclipse of Darwinism: Anti-Darwinian Evolution Theories in the Decades Around 1900 (Johns Hopkins University Press, 1983) The Fontana History of the Environmental Sciences (Fontana Press, 1992) Biology and Social Thought: 1850–1914 : Five Lectures Delivered at the International Summer School in History of Science Uppsala, July 1990 (Univ of California, 1993) Charles Darwin: the man and his influence (Cambridge, 1996). Life's splendid drama: evolutionary biology and the reconstruction of life’s ancestry, 1860–1940 (Chicago, 1996). Reconciling science and religion: the debate in early twentieth-century Britain (Chicago, 2001). "The spectre of Darwinism: popular images of Darwinism in early twentieth-century Britain" in Abigail Lustig, Robert J. Richards and Michael Ruse (eds), Darwinian Heresies (Cambridge, 2004) . (With I.R. Morus) Making modern science: a historical survey (Chicago, 2005). 'Experts and publishers: writing popular science in early twentieth-century Britain' in British Journal for the History of Science, xxxix (2006). Monkey Trials and Gorilla Sermons; Evolution and Christianity from Darwin to Intelligent Design (Harvard University Press, 2007) . 'Darwin's Originality', in Science (9 de xaneiro de 2009: Vol. 323. no. 5911, pp. 223 – 226) Darwin's Originality, in Science, 9 de xaneiro de 2009 Evolution: the history of an idea (4th ed., California, 2009, ). Science for All: The Popularization of Science in Early Twentieth-Century Britain (Chicago, 2009). Q&A Darwin: Off the Record (with foreword by Richard Dawkins) (Duncan Baird, 2010). Darwin Deleted: Imagining a World Without Darwin (University of Chicago Press, 2013). A History of the Future: Prophets of Progress from H. G. Wells to Asimov (Cambridge University Press, 2017)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina do equipo docente dedicada a Peter Bowler
Categoría:Historiadores da ciencia Categoría:Críticos do creacionismo Categoría:Historia da bioloxía Categoría:Nados en 1944 Categoría:Historiadores da bioloxía