Contras (de "contrarrevolucionarios") é o nome xenérico que reciben varios grupos armados que loitaron contra o goberno da Fronte Sandinista de Liberación Nacional (FSLN), partido socialista revolucionario que tomou o poder en Nicaragua, desde a vitoria da Revolución Sandinista e o fin da ditadura de Anastasio Somoza Debayle, en xullo de 1979.

Organización Aínda que o movemento incluía diferentes organizacións con diferentes obxectivos e pouca unidade ideolóxica, a Fuerza Democrática de Nicaragua (FDN) foi a maior destas faccións. Porén, en maio de 1987, practicamente todas as organizacións "Contra" foron reagrupadas, polo menos nominalmente, na chamada resistencia nicaraguana (RN).NICARAGUA. Quid .

Apoios Desde a fase inicial da guerra de guerrillas, os rebeldes recibiron apoio militar e financeiro dos Estados Unidos, especialmente durante a administración de Ronald Reagan, a través da CIA. Nun primeiro momento, este apoio foi complementado polo goberno da Arxentina, naquel momento, unha ditadura militar autodenominada Proceso de Reorganización Nacional e tamén foi apoiado por narcotraficantes de Colombia, por Taiwán e Israel entre outros.

Mesmo despois de 1984, cando o Congreso dos Estados Unidos aprobou a Emenda Boland, que restrinxiu o apoio estadounidense aos "Contras", este apoio continuou, en segredo, durante os dous anos seguintes. Para iso empregáronse recursos obtidos ilegalmente mediante a venda de armas a Irán e, sobre todo, mediante o narcotráfico cuberto pola CIA.

Nese momento, o escándalo, coñecido como o caso Irán-Contra, tivo un grande impacto nos Estados Unidos e puxo en risco o segundo mandato do presidente Reagan.

Audiovisuais O tema foi tratado no filme de 1996 Carla's Song de Ken Loach, na película de 2014 Kill the Messenger e en Freeway: Crack in the system, un documental de 2015 sobre o narcotraficante Rick Ross, coñecido como "Freeway".

Véxase tamén

Outros artigos FSLN Ligazóns externas Opera Mundi - Hoxe na historia: a operación Iran-Gate tenta derrocar ao goberno sandinista de Nicaragua

Categoría:Guerra Fría Categoría:Guerras nas que participaron os Estados Unidos de América Categoría:Guerras nas que participou Nicaragua