A Universidade Laboral de Xixón é un edificio situado na parroquia de Cabueñes do concello asturiano de Xixón. Dende a súa construción entre 1948 e 1957, e ata 1979 foi unha Universidade Laboral orientada a educar os fillos dos traballadores. En 2007 converteuse en Laboral Cidade da Cultura, englobando equipamentos como a Radiotelevisión del Principado de Asturias, LABoral Centro de Arte e Creación Industrial e a Facultade de Comercio, Turismo e Ciencias Sociais da Universidade de Oviedo. Á súa vez está integrada na Milla do Coñecemento Margarita Salas.
Trátase da obra arquitectónica máis importante de todas as que se realizaron en Asturias durante o século XX. Ademais, cos seus 270 000 m², é o edificio de uso civil meirande de España. Está declarado Ben de interese cultural coa categoría de Monumento dende 2016.Decreto 19/2016, de 19 de maio, polo que se declara ben de interese cultural, coa categoría de monumento, a Universidade Laboral de Xixón.
Historia Orixe Despois dun grave accidente laboral ocorrido en febreiro de 1946 nunha mina de Ayer (concello da conca do río Caudal), o subsecretario do Ministerio de Traballo, Carlos Pinilla Turiño, que asistiu ao funeral das vítimas do devandito accidente, reuniuse en Xixón cun grupo de personalidades locais como Alejandro Pidal Guilhou; Álvaro Armada Ulloa, oitavo conde de Revillagigedo, e Ricardo Heredia Guilhou, terceiro conde de Benahavís, dirixidos polo industrial mineiro José María Fernández "el Pontico", para impulsar unha institución que tiña como obxectivo a creación dun orfanato mineiro para axudar aos afectados.«Orde de 13 de maio de 1946 pola que se clasifica como benéfico-docente privada a Fundación «José Antonio Girón» instituida en Xixón polos señores Pinilla, Pidal, Heredia e Fernández Álvarez, cun capital inicial de millón e medio de pesetas, a favor de orfos de mineiros mortos en accidentes de traballo, e aprobando os seus estatutos, con outros pronunciamentos reglamentarios ». Boletín Oficial del Estado núm. 142, de 22 de maio de 1946, páxinas 4316 a 4317: PDF (Referencia 1946/05782). A devandita institución fora constituída formalmente en escritura pública o 6 de outubro de 1945 co nome da Fundación Benévola Docente “José Antonio Girón”, en homenaxe ao entón ministro de Traballo.
O obxectivo fundacional concreto foi a formación dos fillos orfos de pais vítimas de accidentes laborais na minería, para o que se deseñou un edificio que podería dar servizo a un milleiro de estudantes e que contaría cos diferentes departamentos necesarios para o desenvolvemento da vida estudantil como a residencia, escola, obradoiros industriais, granxa, instalacións deportivas ou campos de cultivo.
O Ministerio de Traballo encomendou ao Padroado da Fundación a responsabilidade de realizar os traballos mediante Orde do 14 de xuño de 1946. Deste xeito, Girón de Velasco, ministro de Traballo, "apadriñou" o proxecto.
Actividade educativa e declive A docencia e dirección do centro foi encomendada en 1955 á Compañía de Xesús por expreso desexo de José Antonio Girón, cargo que antes fora concedido á Congregación Salesiana. Os xesuítas encargáronse das tarefas administrativas e educativas ata 1978. A administración do enorme complexo foi encomendada á Orde de Santa Clara (Clarisas), que se instalou na zona máis occidental do centro e dirixía o persoal de servizo.
Ao comezo do seu primeiro ano de actividade, en outubro de 1955, a Universidade Laboral acolleu a un total de 408 nenos. Non obstante, as obras continuarían ata 1958, cando se rematou o teatro.
En 1978, a dirección pasou a mans do profesorado laico das Universidades Laborais, que substituíron os xesuítas. Ese mesmo ano as universidades laborais pasaron a formar parte do Ministerio de Educación e en 1979 foron substituídas polos Centros de Ensino Integrados. Este centro impartiría Bacharelato, COU, Formación Profesional, Ensinanzas Universitarias e formación continua para adultos. En 1995 o CEI foi disolto a favor do "Instituto de Educación Secundaria Universidade Laboral". Este instituto sería o máis grande de España, con máis de 2 000 alumnos de todos os niveis do ensino secundario español. No ano 2002 o instituto trasladouse á antiga granxa de Somió.
O 24 de decembro de 1996 deuse por rescindido o convenio coas monxas, que se trasladan a un novo mosteiro en Cigales. O inmoble entrou ao longo da década de 1990 nun estado de deterioración debido ao desuso da maior parte dos seus espazos.
Reconversión nos 2000 e actualidade miniatura|350px|Rehabilitación en febreiro de 2006 En 2001, o Ministerio de Educación cedeu a titularidade do complexo ao Goberno do Principado de Asturias.
En maio de 2003 presentouse o Plan de Usos no que se detallan as funcións que tería cada sector da edificación. Para habilitar estes usos realizáronse ata 18 adecuacións e rehabilitacións diferentes do edificio ao longo da década. Foron coordinadas por Antonio E. Cuartas e Sergio Barragán, baixo a supervisión do Ministerio de Educación e Cultura. O groso das reformas durarían entre 2005 e 2007 e concluíron na súa totalidade en 2008. Só un elemento foi quedou sen concluír por mor da crise: un hotel de cinco estrelas.
As actuacións foron licitadas entre 2004 e 2007 por 77,8 millóns de euros, aínda que o orzamento definitivo de execución alcanzou os 82,2 millóns de euros. O maior sobrecusto foi a reforma do teatro, que pasou de 7,7 millóns a 11,57 millóns de euros.
A renovación das instalacións incluiríase baixo a marca Laboral, ciudad de la cultura. A “Cidade da Cultura” sería a principal aposta cultural do goberno de Vicente Álvarez Areces e sería inaugurada formalmente por este o 29 de marzo de 2007.
En 2016 o edificio e a súa contorna foron declarados Ben de Interese Cultural.
Despois de 3 concursos desertos, en xullo de 2023 comezaron as obras de rehabilitación da cúpula da igrexa, unha das actuacións máis demandadas. Custaron algo menos de 800 000 e remataron en xuño de 2024.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Arquitectura en Asturias Categoría:Bens de Interese Cultural de Asturias Categoría:Xixón Categoría:Ensino en España