Baghdad é un EP en 7 polgadas da banda estadounidense de punk rock The Offspring, publicado o 15 de maio de 1991 a través do selo Nemesis Records. O disco está descatalogado, pero chegou a vender 3 000 copias na súa primeira semana á venda. Aínda que nunca foi reeditado en CD na súa totalidade, a canción título, "Baghdad", unha versión regravada de "Tehran" do álbum de estrea da banda, incluíuse no recompilatorio Rock Against Bush, Vol. 1 de Fat Wreck Chords.
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:EPs de The Offspring Categoría:EPs musicais de 1991