Württemberg foi un estado histórico no suroeste da actual Alemaña, abranguendo boa parte do moderno land de Baden-Württemberg. A súa capital tradicional era Stuttgart, aínda que ocasionalmente o goberno estivo situado en Ludwigsburg e Urach. O nome do estado e da dinastía orixinouse dunha montaña próxima a Stuttgart-Untertürkheim. Historia
Condado de Württemberg Inicialmente parte do Ducado de Suabia dentro do Sacro Imperio Romano Xermánico, Württemberg foi elevado a condado en 1143. Ao longo dos séculos, expandiuse territorialmente, incluíndo a adición de Stuttgart en 1251 logo do matrimonio do Conde Ulric I con Matilde de Baden. En 1495, o conde Eberhard V fixo que o Condado fose elevado a Ducado na Dieta de Worms.A Dieta de Worms de 1495 foi unha asemblea do Sacro Imperio Romano Xermánico convocada polo emperador Maximiliano I. Durante esta "dieta", o condado de Württemberg foi elevado a ducado, por solicitude do conde Eberhard V. Este evento non debe confundirse coa coñecida Dieta de Worms de 1521, relacionada con Martiño Lutero e a Reforma protestante. esquerda|miniatura|110x110px| Armas dos condes de Württemberg
Ducado de Württemberg Durante o reinado de Ulrico VI (1498-1550), Württemberg viviu revoltas de labregos que protestaban contra os impostos excesivos, e a reforma protestante. O duque foi expulsado polas tropas da Liga de Suabia, por invadir a cidade libre de Reutlingen, e recuperou o poder en 1534 coa axuda do landgrave de Hesse, Filipe I. Despois introduciu a reforma, nun primeiro momento tentando unha síntese das doutrinas de Lutero e Zwingli pero a partir de 1538, cunha doutrina puramente luterana.
O ducado foi dividido e reconstruído varias veces, sufrindo duramente durante a guerra dos Trinta Anos, pero recuperou os seus territorios após a Paz de Westfalia en 1648. esquerda|miniatura|110x110px| Escudo de armas en 1498
Rama Württemberg-Winnental miniatura|110x110px| 1593 : Wurtemberg-Mömpelgard A rama Württemberg-Winnental tomou relevancia co duque Carlos-Alexandre, quen subiu ao trono en 1733. Carlos-Alexandre, un católico que desenvolvera unha carreira militar destacada, gobernou durante un período de tensións relixiosas e políticas. O seu conselleiro de finanzas, Joseph Süss Oppenheimer, foi nomeado en 1737, xerando unha grande controversia debido ás súas políticas fiscais e á súa relixión xudía. Despois da morte de Carlos-Alexandre en 1737, Oppenheimer foi arrestado e executado nun xuízo cargado de prexuízos antisemitas, e en 1940 foi rodado o filme Jud Süss como propaganda nazi.George, J.R. (1941): Jud Süß. Das Buch zum Film (en alemán). Berlín: Ufa-Buchverlag GmbH. miniatura|110x110px| 1733 : Wurtemberg Winnenthal
Idade contemporánea: reino de Württemberg e Estado Libre En 1805, co ascenso ao poder de Frederico I, derradeiro duque e primeiro rei de Württemberg, o territorio foi convertido en reino grazas á súa alianza con Napoleón Bonaparte. En 1815, tras a caída de Napoleón, Württemberg uniuse á Confederación Xermánica, garantindo a preservación do seu status como reino no Congreso de Viena. Máis tarde, en 1871, integrouse no Imperio Alemán. O derradeiro rei, Guillerme II, abdicou en 1918 despois da Primeira guerra mundial, e Württemberg foi integrado na nova República de Weimar como o Estado Libre Popular de Württemberg.Fulbrook, Mary. A Concise History of Germany. Cambridge University Press, 1990.
Período Posguerra Despois da Segunda guerra mundial, Württemberg foi dividido entre as zonas de ocupación estadounidense e francesa, nos länder de Württemberg-Baden e Württemberg-Hohenzollern. En 1952, cando se formou a República Federal de Alemaña fusionáronse para formar o moderno land de Baden-Württemberg.
Notas
Véxase tamén
Casa de Württemberg Confederación do Rin Constitución de Weimar Guerra dos Trinta Anos Sacro Imperio Romano Xermánico Zollverein
Categoría:Estados da Idade Media Categoría:Estados da Idade Moderna Categoría:Historia de Alemaña