Permanent Waves é o sétimo álbum de estudio da banda canadense de rock progresivo Rush, publicado o 14 de xaneiro de 1980 a través do selo Anthem Records. Tras xirar para promover o seu anterior álbum, Hemispheres (1978), o grupo comezou a traballar en material novo en xuño de 1979. Este material amosaba un cambio no son da banda cara arranxos máis concisos e cancións máis axeitadas para a radio (como "The Spirit of Radio" e "Freewill"), aínda que o seu estilo de rock progresivo aínda é evidente en "Jacob's Ladder" e no tema de case dez minutos "Natural Science". O baixista/vocalista Geddy Lee tamén empregou unha voz máis restrinxida en comparación con álbums anteriores. Permanent Waves foi o primeiro dos sete álbums de estudo que a banda gravou en Le Studio en Morin-Heights, Quebec, coa produción a cargo do grupo e Terry Brown.

Permanent Waves tivo unha acollida na súa maioría positiva da crítica, e converteuse no álbum máis exitoso da banda no momento do seu lanzamento, alcanzando o número 3 no Canadá e no Reino Unido e o número 4 nos Estados Unidos. O álbum foi certificado platino neste último pola Recording Industry Association of America por vender un millón de copias. Rush lanzou "The Spirit of Radio" como sinxelo en febreiro de 1980 e fixo unha xira de promoción do álbum en 1980.

Listaxe de cancións Todas as letras escritas por Neil Peart agás "Different Strings" por Geddy Lee. Toda a música composta por Lee e Alex Lifeson.

Notas

Categoría:Álbums de Rush Categoría:Álbums musicais de 1980 Categoría:Álbums producidos por Terry Brown