A casa Carnicero ou chalé Carnicero foi un inmóbel modernista dos anos 1910 que estaba localizado na vila galega de Perillo (Oleiros). Após ser parcialmente destruída por mor dun incendio en xullo de 2020, en decembro dese mesmo ano o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, ordenou a demolición das ruínas da casa, o cal causou moita polémica.
Descrición A casa Carnicero era unha vivenda de estilo modernista e de influencia indiana, de andar case cadrado, que posuía tres andares: soto, primeiro andar, segundo andar e faiado.
Historia A casa Carnicero foi un encargo do empresario coruñés Enrique Carnicero Ríos (quen posuía un recoñecido viveiro de ostras xusto detrás da casa, na ría do Burgo) ao seu amigo o arquitecto Rafael González Villar. A casa foi construída entre 1913 e 1916. Ao longo da súa historia o andar baixo da casa Carnicero foi un restaurante, cinema, bar, pista de baile e estanco.
O 13 de xuño de 2007, cando había un estanco na casa Carnicero, o propietario do local, chamado Manuel R. V., de 80 anos de idade, foi atracado por unha mariscadora furtiva e drogadicta que lle deu un forte golpe na cabeza. Por mor desa agresión, en setembro dese mesmo ano Manuel faleceu no hospital de Oza.
O 16 de xullo de 2020 a casa Carnicero foi parcialmente destruída por mor dun incendio que se orixinou ás 21.00 horas. Despois de que un temporal, a borrasca Bella, botase abaixo unha das súas paredes, o 29 de decembro de 2020 o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, ordenou derruír as ruínas da casa Carnicero, o cal causou polémica e a Fiscalía pediu 15 meses de cárcere e 13 anos de inhabilitación para García Seoane porque considerou que o alcalde cometeu un delito contra o patrimonio histórico, xa que a casa era un inmóbel protexido. O 23 de setembro de 2025, o alcalde foi absolto dos cargos.García Seoane, absuelto en el juicio por el derribo de casa Carnicero. La Voz de Galicia. García Seoane declarou que ordenou a demolición da casa por unha cuestión de seguranza pública.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Casas de Galicia Categoría:Oleiros Categoría:Edificacións desaparecidas