The Style Council foi unha banda británica formada a finais de 1982 por Paul Weller, o ex vocalista, compositor principal e guitarrista de The Jam, e o teclista Mick Talbot, antes en Dexys Midnight Runners, The Bureau e The Merton Parkas. Weller comezou o proxecto para escapar das restricións de The Jam, e explorar unha dirección máis artística, europea e jazzeira, que abarcaba o pop, o hip hop e o soul.
A formación permanente creceu ata incluír ao batería Steve White e á entón moza de Weller, a vocalista Dee C. Lee.Roberts, David (2006). British Hit Singles & Albums (19ª ed.). Londres: Guinness World Records Limited. p. 537. ISBN 1-904994-10-5. Outros artistas como Tracie Young, Tracey Thorn (Everything but the Girl) e o batería/percusionista Steve Sidelnyk (que tocou para Madonna, Seal e Richard Ashcroft) tamén actuaron e colaboraron co grupo. Do mesmo xeito que coa banda anterior de Weller, a maioría dos éxitos do grupo con base en Londres foron na súa terra natal, onde conseguiron sete éxitos no top 10. A banda tamén tivo sinxelos e álbums que triunfaron en Australia e Nova Zelandia durante a década de 1980.Kent, David (1993). Australian Chart Book 1970–1992. St Ives, NSW: Australian Chart Book. ISBN 0-646-11917-6
Discografía Álbums Álbum Ano Selo Café Bleu 1984 Polydor, Geffen Records Our Favourite Shop 1985 Polydor, Geffen Records The Cost of Loving 1987 Polydor Confessions of a Pop Group 1988 Polydor Modernism: A New Decade 1998 Polydor
Notas
Categoría:Grupos musicais do condado de Surrey Categoría:Grupos musicais de pop Categoría:Grupos musicais de new wave Categoría:Grupos musicais de jazz Categoría:Grupos musicais formados en 1982