Rafael Obrador Burguera, nado en Campos o 18 de novembro de 2004, é un futbolista español que xoga como lateral esquerdo no Sassuolo, da Serie A italiana, cedido polo Benfica.

Traxectoria Nado na localidade mallorquina de Campos, comezou a xogar ao fútbol aos catro anos nas categorías inferiores do CE Campos, ata que con dez ingresou na canteira do Mallorca. Subiu polas diferentes categorías do club e en outubro de 2019, sendo aínda cadete, asinou o seu primeiro contrato profesional, chegando a un acordo co club ata 2024.

Aos 16 anos, e antes sequera de xogar co filial, Obrador debutou co primeiro equipo na Primeira División. Foi na derradeira xornada da tempada 2019/20 fronte a Osasuna no Sadar, co equipo balear xa descendido, cando o adestrador Vicente Moreno lle deu entrada como substituto de Iddrisu Baba. Converteuse así no oitavo futbolista máis novo en debutar en Primeira.

En outubro de 2020 anunciouse o seu traspaso ao Real Madrid para xogar no equipo xuvenil. Despois de destacar no xuvenil, subiu rapidamente ao Real Madrid Castilla, co que foi xa un habitual nas aliñacións titulares durante a tempada 2022/23 da Primeira Federación. Disputou unha segunda campaña ás ordes de Raúl e acadou os 76 partidos co filial, antes de realizar a pretempada co primeiro equipo no verán de 2024.

O 21 de agosto de 2024 anunciouse a súa cesión por un ano ao Deportivo da Coruña, que viña de ascender á Segunda División. Chegou ao club galego para reforzar o lateral esquerdo trala lesión na pretempada de Sergio Escudero. As continuas lesións deste converteron a Obrador no titular habitual nesta posición, pechando a tempada cun total de 34 partidos, 25 deles saíndo dende o once inicial. Ao remate da tempada, tanto o Deportivo como o xogador querían ampliar a cesión, pero o Real Madrid non aceptou.

En xullo de 2025 o Real Madrid traspasouno ao Benfica, da Primeira Liga de Portugal, por uns cinco millóns de euros. No club lisboeta apenas tivo participación, disputando só un encontro co primeiro equipo (ante o Tondela en liga) e dous co Benfica B. En xaneiro de 2026 saíu cedido ao Torino, da Serie A italiana, na busca de máis minutos. No conxunto piemontés contou con máis protagonismo: disputou un total de 17 encontros, anotou o primeiro gol da súa carreira e repartiu tres asistencias aos seus compañeiros.

Para a tempada 2026/27 volveu saír cedido a un club italiano, desta vez ao Sassuolo.

Selección nacional Foi internacional coa selección española sub-16, coa que debutou cun gol contra México o 4 de decembro de 2019.

Estatísticas ClubTempadaDivisiónLigaCopaOutrosInclúe partidos de promoción de ascenso a Segunda División.TotalPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesMallorca2019/20Primeira10----10Real Madrid Castilla2022/231ª RFEF 31 0 --3 0 3402023/241ª RFEF340----340Total club6500030680Deportivo da Coruña2024/25Segunda33010--340Benfica2025/26Primeira1000--10Benfica B2025/26Segunda20----20Torino2025/26Serie A16110--171Total carreira 118 1 203 0 1231

Notas

Categoría:Nados en 2004 Categoría:Nados en Mallorca Categoría:Futbolistas das Illas Baleares Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do RCD Mallorca Categoría:Xogadores do Real Madrid Castilla Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do SL Benfica Categoría:Xogadores do SL Benfica B Categoría:Xogadores do Torino FC Categoría:Xogadores do US Sassuolo Calcio