Paseo é o eufemismo procedente da lei de fugas co que se coñeceu a unha serie de episodios de violencia e represión política acaecidos durante a guerra civil española. Tiveron lugar tanto no bando republicano como no sublevado e viviron o seu auxe entre xullo e decembro de 1936. Íase buscar ás vítimas coa escusa de sacalas a dar un paseo, o cal terminaba co fusilamento nos descampados, moitas veces de noite. Ás veces participaban neles delincuentes comúns.
Indalecio Prieto definiría en 1961 en Cartas a un escultor estes paseos como:
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Guerra civil española Categoría:Historia de España do século XX