Orión e a escuridade (en ) é un filme estadounidense de 2024 dirixido por Sean Charmatz e producido por DreamWorks Animation, animado por Mikros Animation e distribuído por Netflix. Foi escrito por Charlie Kaufman, e baséase no libro infantil homónimo de 2014 de Emma Yarlett. Está protagonizado polas voces de Jacob Tremblay, Paul Walter Hauser, Colin Hanks, Mia Akemi Brown, Ike Barinholtz, Nat Faxon, Golda Rosheuvel, Natasia Demetriou, Aparna Nancherla, Carla Gugino, Matt Dellapina e Angela Bassett. Robert Lydecker e Kevin Lax compuxeron a partitura musical do filme.

Orión e a escuridade estreouse no cinema TUDUM dos Ánxeles o 27 de xaneiro de 2024, e en Netflix o 2 de febreiro, onde conta con versión dobrada e subtitulada en galego. Recibiu valoracións positivas da crítica, con eloxios polo seu guión, animación, temas e actuacións.

Personaxes

Jacob Tremblay como Orión Mendelson Colin Hanks como Orión Mendelson de adulto Paul Walter Hauser como Escuro Angela Bassett como Sweet Dreams Ike Barinholtz como Light Natasia Demetriou como Sleep Golda Rosheuvel como Unexplained Noises/Debbie Nat Faxon como Insomnia Aparna Nancherla como Quiet Carla Gugino como nai de Orión Matt Dellapina como Dom Mendelson Mia Akemi Brown como Hypatia Shannon Chan-Kent como Hypatia de adulta Shino Nakamichi como Sally Ren Hanami como Sally de adulta Jack Fisher como Richi Panichi Nick Kishiyama como Tycho Werner Herzog como o narrador

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming

Categoría:Filmes de 2024 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Dreamworks Animation Categoría:Filmes ambientados no futuro Categoría:Filmes ambientados en 1995 Categoría:Filmes de 2024 con versión en galego