Unha forza de policía secreta é unha organización policial que opera en segredo para desenvolver as súas funcións. Non debe confundirse coa policía de paisano, a policía ordinaria que viste de civil no desempeño das súas funcións. A policía secreta só acode en casos de emerxencia como atracos, narcotráfico e mesmo posesión de armas ilegais. No entanto, o termo «policía secreta» utilízase con frecuencia para denominar organizacións de estados totalitarios encargadas de vixiar e reprimir a poboación, ás veces como sinónimo de policía política.

Métodos Segundo o criminólogo Nicolas Desurmont, hai tres tipos de vixilancia: vixilancia ostentosa (que pode conducir ao acoso en grupo), vixilancia errática (que é aleatoria) e vixilancia encuberta (que está oculta).

A vixilancia ostentosa está asociada coa vixilancia política dunha policía secreta nun obxectivo de linchamento..

Lista de forzas de policía secreta

Fascistas, nacionalistas e nacionalsocialistas

A Kempeitai no Imperio do Xapón (1881-1945) A Tokkō no Imperio do Xapón (1910-1945) A OVRA no Reino de Italia (1927-1945) A Gestapo na Alemaña Nazi (1933-1945) A BPS na España franquista (1941-1978) A PIDE no Estado Novo de Portugal (1954-1969) A DGS no Estado Novo de Portugal (1969-1974) A DSN en Venezuela durante a ditadura de Marcos Pérez Jiménez (1946-1958)

Comunistas, socialistas e marxistas

A Cheka na Unión Soviética baixo Lenin (1917-1922) A OGPU na Unión Soviética baixo Alekséi Ríkov (1923-1934) A NKVD na Unión Soviética baixo Iosif Stalin (1934-1954) A KGB na Unión Soviética (1954-1991) A KGB en Belarús (1991-) O FSB en Rusia (1995-) A ÁVH na República Popular Húngara (1948-1956) A Securitate na República Socialista de Romanía (1948-1989) A Sigurimi na República Popular de Albania (1943-1991) A Stasi na República Democrática Alemá (1950-1990) A Darzhavna Sigurnost na República Popular de Bulgaria (1944-1989) A Státní bezpečnost na República Socialista Checoslovaca (1945-1990) A Urząd Bezpieczeństwa (UB) e posteriormente a Służba Bezpieczeństwa (SB) na República Popular de Polonia (1956-1990) A OZNA (1944-1952) e a UDBA (1946-1991) na República Federal Socialista de Iugoslavia O Departamento de Seguridade Estatal na República Popular Democrática de Corea (1973-) A Oficina 610 na República Popular da China (1999-2018) O Ministerio de Seguridade do Estado, axencia de intelixencia e policía secreta da República Popular da China (1983-) O SEBIN, axencia de intelixencia e policía secreta da República Bolivariana de Venezuela (1999-) A Santebal na Kampuchea Democrática (1971-1979) A Jamahiriya el-Mukhabarat na Gran Yamahiriya Árabe Libia Popular Socialista baixo Muamar al-Qadafi (1969-2011)

Réximes monárquicos e/ou monarquías parlamentarias de Europa

A Ojrana no Imperio ruso (1881-1917) O MI5 en Reino Unido (1909-) O CSP en España (1978-1986)

Repúblicas de América do Norte, Europa e Asia

A FBI en Estados Unidos (1908-) A DCRI en Francia (1982-) A BfV en Alemaña (1950-) A AISI en Italia (2007-) O NIS en Corea do Sur (1961-) O OIJ en Costa Rica (1973-)

Latinoamérica

A Mazorca ao servizo de Juan Manuel de Rosas, gobernador da Provincia de Buenos Aires, Arxentina (1829-1832, 1835-1852) A SIDE (1946-2015) baixo control da ditadura desde 1976 con Jorge Rafael Videla na Arxentina. Ademais, interactuaba cos servizos de intelixencia militar de Exército, Forza Aérea, Armada, Policía Federal, Provinciais e Grupo de tarefas. Esta regulación unicamente en contra do inimigo político manifestouse antes e durante a Guerra das Malvinas. En febreiro de 2015 aprobouse un proxecto de lei para disolver o organismo e crear, no seu lugar, a Axencia Federal de Intelixencia con base no proxecto enviado pola presidenta Cristina Fernández. A DINA da ditadura militar de Augusto Pinochet en Chile (1973-1977) O CNI da ditadura militar de Augusto Pinochet en Chile (1977-1990) O DAS (1960-2011) e o F2 (1949-1995) en Colombia A DFS, que protagonizou a represión política en México desde 1947 e a "guerra sucia" mexicana na década de 1960 e 1970 (1947-1985) A OSN da familia Somoza en Nicaragua O SEN durante a presidencia de Alberto Fujimori no Perú (1990-2000) A Dirección de Seguridade Nacional (1949-1959) e a Dirección dos Servizos de Intelixencia e Prevención (1969-2009) de Venezuela

O Caribe

A PNR de Cuba (1908-1959 reformada), creada durante a presidencia de José Miguel Gómez. É a antecesora da Dirección de Intelixencia de Cuba (DI ou G2). A PNR foi reestruturada por Fidel Castro, inicialmente logo dos enfrontamentos e ataques do Movemento do 26 de xullo. A Dirección de Intelixencia de Cuba, coñecida polas siglas DI, DGI ou G2, foi creada durante o goberno de Fidel Castro en Cuba (1961-) Servizo de Intelixencia Militar de Rafael Leónidas Trujillo, ditador da República Dominicana (1957-1962) Tonton Macoute no Haití de François Duvalier, máis coñecido como Papa Doc (1959-1986)

Oriente Medio

O SAVAK no Irán prerrevolucionario (1957-1979) O VEVAK no Irán posterior á revolución (1984-) A Mujabarat no Iraq de Saddam Husayn (1973-2003) O Mossad de Israel (1949-)

Notas

Categoría:Policía