Geneviève Bujold, nada en Montreal o 1 de xuño de 1942, é unha actriz canadense. Pola súa interpretación de Ana Bolena en Ana dos mil días foi candidata ao Óscar á mellor actrizAMC filmsite "1969 Academy Awards Winners and History" e gañou o Globo de Ouro á mellor actriz de drama.Geocities "Golden Globes 1969"
Traxectoria Bujold naceu en Montreal (Quebec), filla de Laurette Cavanaugh e Joseph Firmin Bujold, condutor de autobús.Genevieve Bujold Biography (1942-) Foi criada e educada de xeito moi estrito no seo dunha familia católica. Os seus pais enviárona a unha escola relixiosa, asistindo durante a escola primaria e case toda a secundaria. O estrito código de disciplina da escola provocáballe rexeitamento e acabou por abandonar a escola na procura dunha carreira artística.
Estudou arte dramática no Conservatoire d'art dramatique de Montreal ata que lle chegou a súa grande oportunidade profesional. EStando de xira cunha compañía de teatro en París, coñeceu o director Alain Resnais, que a seleccionou para actuar xunto a Yves Montand no filme A guerra rematou (1966). Animada por este éxito, decidiu permanecer un tempo máis en Francia, período en que actuou para outros directores, como Louis Malle.
Bujold apareceu en numerosos papeis en filmes canadenses e estadounidenses para a televisión. En 1967 recibiu unha candidatura ao Emmy pola súa interpretación de Xoana de Arco nun filme de NBC. Ese mesmo ano contraeu matrimonio co director canadense Paul Almond, para quen actuou en Isabel (1968) e Act of the Heart (1970), xunto a Donald Sutherland. Tiveron un fillo, Matthew, en 1968, e divorciáronse en 1972. Tamén en 1968 foi galardoada co Prix Suzanne Bianchetti como a actriz nova máis prometedora do cinema francés.
En 1969 protagonizou canda Richard Burton o filme Ana dos mil días, polo que gañou o Globo de Ouro como mellor actriz e ademais foi candidata ao Óscar.
O 25 de decembro de 1972, nunha breve carta ao xornal Le Devoir, rexeitou ser condecorada coa Orde do Canadá, a máis alta condecoración civil do país, polo xeito en que se lle ofreceu (por correo) e porque ademais Bujold é simpatizante do movemento de independencia de Quebec.McCreery, Christopher. 2005. The Order of Canada: its origins, history, and development. (ISBN: 0802039405) Toronto: University of Toronto Press; p. 210. Consultado o 18 de xaneiro de 2009."Refus du titre d'Officier de l'ordre du Canada par Geneviève Bujold et Claude Jutra". Le Devoir: 25 de novembro de 1972, p.1; via Bilan du Siècle. Consultado o 18 de xaneiro de 2009.
Bujold parecía destinada a converterse nunha estrela, mais o seu mal carácter levouna a enfrontarse con Universal Studios, ata o punto de que rescindiu o seu contrato, o que acabou nun xuízo que se resolveu cando accedeu a aparecer no filme de catástrofes Terremoto (1974). Nos anos seguintes apareceu en filmes como The Trojan Women (1971), xunto a Katharine Hepburn e Vanessa Redgrave, Kamouraska (1973), Obsession, de Brian De Palma (1976), Alex e a xitana (1976), con Jack Lemmon, Another Man, Another Chance (1977), xunto a James Caan, ambos de Claude Lelouch, o thriller Coma (1978), xunto a Michael Douglas, Choose Me (1984), dirixido por Alan Rudolph e Tightrope (1984), con Clint Eastwood. Foi galardoada co Premio Genie á mellor actriz pola súa interpretación en Murder by Decree (1979).
Bujold, que fixo unha parada na súa carreira tralo nacemento en 1980 do seu segundo fillo, Emmanuel, regresou á pantalla en 1984 con Choose Me e continuou a manterse ligada ao cinema, especialmente en compañías independentes.
En 1994 asinou un contrato para interpretar o papel principal da serie estadounidense, Star Trek: Voyager, como a capitá Nicole Janeway, mais renunciou despois de filmar só unhas escenas do primeiro episodio. Esgrimiu varios motivos para tomar esa decisión, entre eles, que o traballo para a serie era demasiado esixente, que houbo diferenzas cos produtores sobre como interpretar o papel e que se sentía ofendida porque os produtores querían que empregase un uniforme máis sexy, principalmente para manter a fidelidade dos espectadores da serie, que na súa maioría, eran un público masculino. Sobre isto, Rick Berman, comentarista da revista TV GuideEdición da semana do 8 ao 14 de outubro de 1994 dixo: "Quedou inmediatamente patente que (o papel) non lle acaía". Os produtores posteriormente contrataron a veterana Kate Mulgrew e cambiaron o nome da personaxe a Kathryn Janeway, por suxestión de Mulgrew.
Filmografía Ano Título Personaxe Notas1963Amanita PestilensSophie Martin1964Geneviève GenevièveCurtametraxe1964La fleur de l'âge, ou Les audolescentesGenevieve 1964La terre à boireBarbara1964La fin des étésMarieCurtametraxe1966 A guerra rematouNadine Sallanches1966Le Roi de cœurCoquelicot1967 Le voleurCharlotte1967Entre la mer et l'eau douceGeneviève1968IsabelIsabel1969Ana dos mil díasAnne Boleyn1970Marie-ChristineShort subject1970 The Act of the Heart Martha Hayes1971 The Trojan WomenCassandra1972JourneySaguenay1973KamouraskaÉlisabeth1974FilmeDenise1975L'incorrigibleMarie-Charlotte Pontalec1976SwashbucklerJane Barnet1976ObsessionElizabeth Courtland / Sandra Portinari1976Alex e a xitanaMaritza1977Another Man, Another ChanceJeanne Leroy née Perriere1978ComaDr. Susan Wheeler1979Murder by DecreeAnnie Crook1980 The Last Flight of Noah's ArkBernadette Lafleur1980Final AssignmentNicole Thomson1982MonsignorCarla1984TightropeBeryl Thibodeaux1984Choose MeNancy1985Trouble in MindWanda1988Rough Justice1988 The ModernsLibby Valentin1988Dead RingersClaire Niveau1990False IdentityRachel Roux1991Rue du BacMarie Aubriac1992 The Dance Goes OnRick's Mother1992Oh, What a NightEva1993An Ambush of GhostsIrene Betts1994Mon amie MaxMarie-Alexandrine Brabant1996 The Adventures of PinocchioLeona1997 The House of YesMrs. Pascal1997Dead InnocentSuzanne St. Laurent1998Last NightMrs. Carlton 1998You Can Thank Me LaterJoelle1999Eye of the Beholder Dr. Jeanne Brault 2001Sex and a GirlNatalie2002Chaos and Desire Colette Lasalle2003Jericho MansionsLily Melnick2003Finding HomeKatie2004Downtown: A Street TaleAimee Levesque2005Mon petit doigt m'a dit...Rose Evangelista2006DisappearancesCordelia 2006Délivrez-moiIrène2009 The TrotskyDenise Archambault2011Pour l'amour de DieuSoeur Cécile 72 ans2012Still MineIrene Morrison2013 La Légende de SarilaSaya (versión inglesa, voz)2013Northern BordersAbiah Kittredge2015ChorusGabrielle2018Two GirlsJohanna adulta (voz)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en The Canadian Encyclopedia
Categoría:Nados en Montreal Categoría:Nados en 1942 Categoría:Actores de cinema do Canadá Categoría:Actores de teatro do Canadá Categoría:Actores de televisión do Canadá