Nieves Lorenzo González, nada en 1971, é Física e catedrática de Física na Universidade de Vigo (Uvigo).

Traxectoria Estudou Física na Universidade de Santiago de Compostela, onde realizou o seu doutoramento.

Os seus intereses como investigadora inclúen os estudos de: Dinámica Atmosférica, Oceanografía Física, Interacción atmosfera-océano, modelos numéricos, cambio climático, Biometeoroloxía, Agrometeoroloxía e Sistemas non lineais.

Promove a participación das mulleres na ciencia e a tecnoloxía, con iniciativas como Exxperimenta en feminino, unha actividade divulgativa na que se presentan talleres científicos e tecnolóxicos guiados por mulleres do Campus de Ourense nos que pode participar o estudiantado non universitario.

Dende decembro de 2023 é a directora da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo.

Notas

Categoría:Físicos de Galicia

Categoría:Profesores da Universidade de Vigo Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Nados en 1971